V Carreira Popular Concello de Friol

Felipe Barata

O pasado domingo, 28 de maio, tivo lugar a V Edición da Carreira Popular de Friol, cunha numerosa presenza de deportistas da nosa entidade, logrando na mesma un total de 24 podiums.

Así, na categoría prebenxamín houbo un triplete no apartado feminino, xa que Rebeca Miragaya, Grace Gainsford e Alba Meñán lograban as tres primeiras posicións, nesta orde.

Polo que respecta a categoría benxamin, vitoria de Ramón Loureiro  e segunda posición para o seu compañeiro de equipo, Mateo Villar. Entre as femias, Aldara Ceide alzábase co triunfo e Noa Mouriz era terceira.

Héctor Trabado levávase a vitoria na categoría alevín, proba onde Mateo Aguiar e Mario Campo completaban o pódium cun segundo e terceiro, respectivamente. Rebeca Arias entraba en segunda posición na carreira das nenas.

Triplete tamén na categoría infantil, proba dominada por Juan David López, e onde era segundo Javier Lourés e Gael Martínez entraba no terceiro posto. Leire Santos era segunda na carreira das nenas e Andrea Espiñeira lograba a terceira posición.

Xa na categoría cadete, Cristian Santos entraba no primeiro posto, sendo Noel Villarábide segundo e Samuel Castedo terceiro. Noelia Sánchez gañaba a proba das femias e Lucía Varela era segunda.

Por último, na carreira absoluta, María Carballido debutaba na proba dos 5 quilómetros, sendo terceira na clasificación absoluta e dominando a categoría xuvenil. No apartado masculino, Angel Martínez gañaba a carreira da categoría xuvenil.

 

CAMPEONATO GALLEGO CADETE E XUVENIL DE MARCHA. OURENSE


Tamén se disputou o pasado domingo, 28 de maio, en Ourense o Campionato Galego Cadete e Xuvenil de marcha, no que participaron 6 atletas do noso club, logrando un total de 2 podiums.

Así, Nerea Lage lograba a medalla de prata na categoría cadete, onde marcaba un rexistro de 16,05 minutos na liña de meta, mentres que Vanesa Blanco, cun tempo de 16,08 minutos, facíase coa medalla de bronce. Nesta mesma proba, Eva Freire acadaba a sétima posición.  Polo que respecta a categoría cadete masculino, Juan Zas era cuarto, mentres que Marcos Burgo foi descualificado.

Por último, na categoría xuvenil, Miguel Ángel López entraba no quinto posto na proba dos 5 quilómetros marcha.