Chus Sangüos e Gonzalo Méndez: Os valores do deporte

Felipe Barata

O pasado venres 28 de abril, estiveron presentes no noso colexio dúas das figuras máis destacadas do atletismo galego das últimas décadas, Chus Sangüos e Gonzalo Méndez. Ambos falaron da importancia do deporte na súa formación como persoas e a súa aplicación directa nas diferentes facetas da vida.

Chus Sangüos foi máis de 15 veces Campioa do Mundo e de Europa da súa disciplina atlética, os valos, e comentoulles ós nenos e nenas a importancia que tivo a súa experiencia atlética na formación duns valores que logo aplicou na súa vida diaria, ademais de contarlles múltiples anécdotas que tivo ó longo da súa dilatada experiencia no atletismo. Gonzalo Méndez faloulles da paixón que deben exercer á hora de afrontar calquera práctica deportiva e tamén da necesidade de aplicarse ós estudos e á lectura, tan importante para a súa formación.