Jesús Trashorras presenta o libro "O silencio do orballo"

Jesús Trashorras, acompañado por Ana Vázquez e Carlos Veiga

Nun acto organizado polo Equipo de Biblioteca, o pasado venres 21 de abril, Jesús Trashorras Nogueira fixo a presentación do seu primeiro libro de poemas O silencio do orballo no CPI Dr. López Suárez de Friol, centro no que exerceu como docente durante varios anos. O libro, publicado pola Editorial Redelibros, xa se pode adquirir nas librerías. Os nosos parabéns, Jesús, e moita sorte.