Charla de Teresa Vila sobre o traballo de súa ONG "Shantidi" na India.

O pasado martes, 21 de marzo, nunha actividade programada pola ANPA do Centro, Teresa Vila, unha das persoas creadoras da ONG Shantidi, fixo unha exposición ante o alumnado de ESO e 6º de Primaria do traballo desta ONG, e tamén das súas experiencias persoais, coa poboación máis desfavorecida da India: os nenos e nenas e nais sen casta.