Festival de Nadal organizado pola ANPA

 

A ANPA do colexio organizou, como xa vén sendo habitual, un festival de Nadal, no que alumnos e alumnas de Primaria representaron no salón do Centro Sociocultural de Friol tres sketches teatrais: Os nenos salvan o Nadal, por alumnos e alumnas de 1º; Estrela de Nadal, por alumnado de 3º e 4º e Un colmo entre los colmos, por nenos e nenas de 5º e 6º. Ademais cantaron a panxoliña Marchei a Belén e bailaron unha polca.

Nos vídeos mostramos a panxoliña e o baile da polca.