Caixas de suxerencias para o Plan de Benestar e Convivencia

Dep. Orientación

En hora boa ao alumnado de Primaria, que fixo unhas caixas do correo para o concurso do Plan de Benestar e Convivencia  tan estupendas, que foi dificilísimo para o alumnado da ESO votar ás dúas finalistas. Dous representantes de cada curso viñeron expoñer a Secundaria unha pequena defensa da súa caixa, e despois procedeuse a unha votación para practicar as nosas competencias cívicas, facendo unha práctica de elección democrática. Finalmente quedarán a de 5º de Primaria no edificio de Primaria e Infantil, e a de 1º de Primaria será a caixa para suxestións, dúbidas, desexos, propostas, etc, de Secundaria.

Todas as propostas serán escoitadas, así que animámosvos a participar deixándoas nas caixas. Graciñas a todos e todas pola vosa colaboración.