Carreira San Silvestre de Monterroso

Felipe Barata

Na última competición do ano estivemos presente nesta edición na vila de Monterroso, onde cerca de trinta nenos e nenas do equipo de atletismo do Colexio tomaron parte na última proba atlética do ano 2021. Acompañou o día e tamén as ganas de pasalo ben facendo deporte e os nosos nenos e nenas conseguían un total de 11 pódiums.

Así, Sabela Sánchez debutaba nun evento desta categoría e facíase coa terceira posición do pódium na proba de promoción, mentres que o seu compañeiro David Viña acadaba a segunda posición na mesma categoría. Polo que respecta á categoría sub 12, Sofía López entraba en segunda posición e Alba Menán na terceira, mentres que entre os nenos Martín Díaz facíase tamén coa segunda posición.

Xa na categoría sub 14, vitoria para Ramón Loureiro, mentres que Mateo Villar e Samuel Villar ocupaban a segunda e terceira posición, respectivamente. Polo súa parte, Aldara Ceide gañaba tamén esta carreira na mesma categoría e Mara Montes entraba en terceira posición. Por último, Mateo Aguiar subía ó segundo chanzo do pódium na categoría sub 16.

No que se refiere ó resto da actuación dos nosos nenos e nenas, foi a seguinte: