Cross do Magosto 2021

Felipe Barata

Un ano máis, e despois da ausencia do ano pasado debido as restricións da pandemia do Covid-19, este ano volvemos disputar unha nova edición do Cross do Magosto. E xa van nove. Este ano tivemos que disputalas en varios días, pero a ilusión e as ganas de tomar parte neste evento seguen a ser as mesmas. Esta é unha proba de iniciación deportiva, de adherencia ós bos hábitos de vida saúdable, ademais de fomentar o compañeirismo a través da práctica deportiva.

Todos os nenos e nenas participantes levaron unha medalla conmemorativa, e ademais os tres primeiros e tres primeiras clasificadas tamén levaron un trofeo da IX Edición do Cross do Magosto, agás en Educación Infantil, onde os nenos e nenas tomaron parte de xeito totalmente lúdico e como un elemento máis na súa formación deportiva e de actividade física.

Os resultados no deportivo foron os seguintes.