Charla Proxectos Solidarios en Europa

 

 

Silvia Souto (Dep. Orientación)

O pasado 15 de outubro o alumnado de 3º e 4º de ESO tivo unha actividade organizada dende o Departamento de Orientación, en colaboración co GDR da Comarca de Lugo, na que se abordaron temas relacionados cos distintos proxectos solidarios do voluntariado na Unión Europea, actividade que xa se realizara en cursos anteriores. Fixéronse diversos talleres e asistiron a diversas charlas que se organizaron tanto no Centro Sociocultural do noso pobo como no exterior.