O Sprintiño

Felipe Barata - Marcos López

Con motivo da ausencia de competicións debido á pandemia do Covid-19, dende o departamento de Educación Física decidimos crear unha competición interna para o noso alumnado para tratar de paliar esta situación e manter o espíritu das mesmas entre a poboación escolar de Friol. Xa hai que ter en conta que este ano tivemos que suspender o Cross do Magosto por mor da situación sanitaria que nos está afectando dende a primavera do 2020. Loxicamente esta I Edición do Sprintiño fíxose tendo en conta todos os protocolos sanitarios elaborados pola Consellería de Educación para a materia de Educación Física e sempre dentro dos grupo burbulla ou aula. Polo tanto, estblecéronse un total de 10 competicións, unha por cada curso de Educación Primaria e Educación Secundaria.

Esta I Edición do Sprintiño consistía en aproveitar as pistas de atletismo que se pintaron este ano (45 metros), e consistía nunha fase clasificatoria individual, onde os catro mellores tempos pasarían á final, de xeito que correse un alumno ou alumna por rúa. Todos e todas as participantes levaron unha medalla conmemorativa do evento, ademais dun trofeo para os tres primeiros clasificados. Foi unha gran experiencia, moi motivadora para o alumnado e que seguro terá continuidade en vindeiros cursos.

Ver clasificacións