O Secretario Xeral para o Deporte visita o reformado pavillón polideportivo do noso centro.

Powered by emaze

Felipe Barata

O Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, estivo presente no noso Colexio con motivo da renovación do pavillón polideportivo despois de executar o proxecto de rehabilitación do mesmo, que afectou o cambio da cuberta do mesmo, ademais da iluminación interior e tamén o posterior pintado dos laterais.

Neste acto estiveron presentes o Alcalde de Friol, José Ángel Santos, o Delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, o Xefe Provincial de Deportes, Manolo Cadramón, a Directora do CPI Dr. López Suárez, Asunción López, os profesores do departamento de educación física e outras autoridades.