Excursión á Coruña

Ed. Primaria

Excursión de 5º e 6º de Ed. Primaria á Coruña.

Actividade de 2º de ESO co alumnado de Infantil

Dep, CCSS

Nesta ocasión, o departamento de Xeografía e Historia organizou unha actividade co alumnado de 2 ESO, que contou diferentes historias medievais teatralizadas ao alumnado de Educación Infantil.

As historias relataban a vida cotiá dos diferentes estamentos da Idade Media, a partir dunha actividade de aula na que cada alumno contaba un story time de hai 900 anos.
A cita tivo lugar a tarde do pasado venres 31 de maio.

Visita ao Castro de Viladonga

Dep. de CCSS

Unha vez máis, o departamento de Xeografía e Historia organiza unha saída didáctica sobre o currículo da materia. Nesta ocasión, para estudiar a cultura castrexa da contorna,cunha visita ao museo e castro de Viladonga (Castro de Rei). Alí o alumnado de 1 e 2 de ESO coñecemos de primeira man as estruturas e partes do castro e algúns dos obxectos máis valiosos atopados nesta marabillosa ruína arqueolóxica da nosa provincia. Fixémolo a través dun obradoiro de arqueoloxía experimental guiado pola técnica do museo Sonia Engroba. Agradecidas quedamos polos materiais que nos deixou para a biblioteca (guías, conto...).

Excursión ao Castro de Viladonga e Penas de Rodas

Ed. Primaria

Hoxe o alumnado de 1° e 2° de primaria visitaron o Castro de Viladonga. Coñecemos a alimentación, vestimenta e arquitectura da época castrexa a través da interacción cos elementos expostos no seu Museo Arqueolóxico e a visita ao propio castro. Tamén realizamos un obradoiro de xoguetes tradicionais empregando materiais naturais.
Despois de xantar, fomos ao Espazo Natural de Penas de Rodas, onde puidemos xogar observando as formas curiosas das rochas graníticas da zona.

Prácticas restaurativas

Dep. Orientación

 Os membros do Departamento de Orientación vimos de rematar unha formación en Prácticas restaurativas, coas que estamos familiarizando ao alumnado de Primaria e Secundaria. Velaí algunha das nosas experiencias este curso traballando cos círculos afectivos... O alumnado de Infantil xa está desexando que lle toque traballar co obxecto da palabra!

Campionato provincial de bádminton

Dep. Ed. Física

O pasado domingo 26 de maio, disputouse o Campionato Provincial de bádminton, non cal estiveron presentes un bo número de representantes do noso centro educativo, que se clasificaron para este evento despois das tres xornadas previas disputadas con anterioridade no zonal de Chantada.

Os nenos e nenas do equipo de bádminton tiveron unha gran actuación, entregándose con moita paixón por un deporte que xa é unha referencia non só no noso centro senón tamén no pobo de Friol, cunha aceptación social que vai máis alá do eido educativo. No tocante ós resultados, os pupilos de Marcos López realizaron un gran torneo, destacando Mateo Villar e Ana Karem Rodríguez, que acadaron a cuarta posición nas categorías cadetes, tanto no apartado  masculino como feminino respectivamente.

Campionato zonal de natación

Dep. Orientación

O equipo de natación do noso centro educativo desprazouse o pasado sábado 25 de maio a Monforte para a disputa da última xornada do programa Xogade e que ademais servía como campionato zonal despois das tres xornadas previas que se disputaron con anterioridade tanto en Chantada como en Monforte de Lemos.

Este ano foi a posta en funcionamento do equipo de natación a través do programa Xogade e tivo un bo éxito entre o noso alumnado, xa que todos os nenos e nenas acudiron na súa práctica totalidade a todas as citas programadas para este deporte. En canto ós resultados deste evento, destacar as tres vitorias en outras tantas proba (crol, espalda e braza) de Anxo López na categoría alevín, así como a doble vitoria de Eric Gallardo e o triunfo de Aaron Castro na categoría benxamín. Tamén destacaron nas súas probas Uxía e Iria Pacín, Angélica Darriba, Natalia López e Raisa Castro.

Distribuir contido