Samaín Infantil

Ed. Infantil

O alumnado de educación infantil desfrotou dunha agradable xornada para conmemorar o Samaín.

Ademais de disfrazarse e facer o tradicional obradoiro de comida, tamén tiveron unha tarde especial, onde puideron gozar do visionado dunha película con palomitas.

Exposición de paneis e obradoiro de flora invasora

1º Ciclo Primaria

Durante tres días, do 28 o 30 de outubro, estará ubicada no noso centro unha exposición que consta de 16 paneis sobre a flora invasora que atañe á nosa comunidade.

Esta exposición, que está aberta a toda a comunidade escolar, tamén consta da organización duns obradoiros específicos para o alumnado de 1º e 2º de educación primaria, ns que a través de puzles didácticos tratan esta problemática, que cada vez esta afectando máis á flora autóctona.

Os paneis están colocados na zona da pasarela do edificio de educación secundaria. Agradecemos á Asociación Amabul que doara ademais un interesante libro para a nosa biblioteca titulado A flora exótica invasora nos cursos dos ríos galegos, co cal poderemos traballar algunha unidade didáctica relacionada con esta temática.

Carreira Popular O Corgo

Dep. Ed. Física

Debut no presente curso escolar do equipo de atletismo do noso centro educativo, que por décimo terceiro ano consecutivo entra en funcionamento para dar a oportunidade a todo o alumnado de practicar un deporte reglado e federado como é o atletismo. Cerca de cincoenta nenos e nenas do noso centro practican dito deporte nas súas distintas disciplinas.

Nesta carreira de O Corgo, lográronse un total de seis pódiums. Así,na categoría promoción, Arai Gallardo conseguía a segunda posición, mentres que o seu compañeiro de equipo, Leo Arias, entraba na terceria posición. Na carreira feminina, Zulema Busto firmaba un gran quinto posto no seu debut atlético.

Polo que respecta á categoría sub 12, Erik Gallardo conseguía a terceira posición, mentres que Leo Villadonga era quinto e Ada Ceide subía o terceiro chanzo do pódium na parcela feminina. Xa na carreira sub 14, David Viña entraba na terceira posición, mentres que na carreira dos sub 16, Hugo Ferro conseguía o segundo posto e Borja Arias entraba na cuarta posición, mentres que Roi Andón conseguía a sexta.

Obradoiro de receitas terroríficas

EDLG

Con motivo do Samaín, unha das actividades propostas este curso foi a dun obradoiro de creación de cocina terrorífica, na que tomaron parte todo o alumnado de educación primaria e tamén 1º e 2º de educación secundaria.

Este obradoiro de cociña terrorífica, relacionado coa festividade do Samaín, ten como obxectivo proporcionar unha experiencia lúdica e educativa para o alumnado, fomentando a súa creatividade e a aprendizaxe a través da cociña. A actividade permite que os nenos e nenas se acheguen á cociña dunha maneira divertida, creando pratos sinxelos que rectifiquen a temática do Samaín.
As receítas feitas foron:

  1. Falsas cabazas de queixo crema
  2. Galletas monstruosas
  3. Falsas cabazas de pemento
  4. Escobas de bruxa de queixo
  5. Cerebro doce
  6. Dedos de milfollas.

Este obradoiro foi realizado con membros da Asociación de Cociñeiros de Lugo e foi o punto de partida para toda unha serie de actividades conmemorativas do Samaín que terá a súa continuidade ao longo desta semana.

Presentación do libro "O pracer da chuvia"

EDLG  Mestres Gandeiros

O alumnado de 1º da ESO tivo a oportunidade de asistir á presentación da novela O pracer da chuvia, que o propio autor Manuel Vázquez realizou na aula do citado grupo do noso centro educativo, na que lles expuxo a principal temática que trata a obra, é dicir, o orgullo que representa a vida na aldea e os valores que esta transmite ós seus habitantes. Nesta presentación tamén contamos coa presencia do escritor Xesús Trashorras, que fixo o prólogo a esta obra e que, o mesmo tempo, foi profesor no noso centro educativo.

Resumo: A novela, á parte de ser unha defensa e reivindicación do rural, é unha novela tamén de carácter urbano, representado fundamentalmente por cinco cidades: Lugo, A Coruña, Lisboa, París e Madrid.

Aquí podemos atopar personaxes reais do rural propios de García Márquez, coma o seu grande mestre da vida, Dositeo; o labrego Quinto de Serés; Marité, a súa sogra;  Servando, aquel home listo, que ía por diante; Eliseo, o seu avó, que morreu sendo el moi novo;  as tres Mapoulas, asasinadas polos fascistas en Montecubeiro; Pedro da Vica que un día ao regresar da Gulpilleira a Aldegunde, despois de ver a súa moza, ao saltar unha parede foi caer enriba do lobo…

Exposición e obradoiro. Lugo

1º Ciclo Primaria

O pasado xoves, 17 de outubro, o alumnado de 1º e 2º de educación primaria desprazouse ata a Fundación Abanca de Lugo para asistir a unha interesante exposición e tamén a un obradoiro sobre as costas marítimas e o mar.  Dito obradoiro levaba como título “SOS Maruxaina”.

Nesta visita-conto, a serea Maruxaina vén trasladar a nenos e nenas as súas preocupacións polo océano. Resulta que fai anos, as nosas costas estaban limpas e cheas de xente traballando nas súas barcas, mais dun tempo a esta parte, os mares mudaron de cor…..qué está a pasar?. Entre todos e todas buscaron as solucións a estes problemas. O alumnado desfrutou dun xeito lúdico e didáctico desta primeira saída no presente curso escolar.

Despedida de Otilia

Felipe Barata

O pasado mércores tivemos a despedida do noso centro da nosa cociñeira Otilia Val, que nos deixa para continuar co seu labor profesional noutro centro da cidade de Lugo.

Dende o noso colexio queremos agradecer o bo facer e o seu entusiasmo por innovar nos menús escolares durante case unha década que desempeñou o seu labor en Friol.

A encargada de comedor, Lucía César, foi a encargada de entregarlle un ramo en nome de toda a comunidade educativa, estando tamén presentes as súas compañeiras, Mari Carmen, Chus e Mercedes.

Distribuir contido