Skip to Content

Taboleiro

Unha gran xornada no que o de menos foron os resultados, senón a convivencia, que rematou cunha gran merenda.


     Xa está aquí o entroido 2012!

EN PRIMARIA

ORDES DO MECO:

  • Luns: Levar unha cola
  • Martes: Levar algo do revés
  • Mércores: Levar algo no pescozo
  • Xoves: Levar algo na cabeza
  • Venres: DISFRAZ LIBRE e DESFILE POLO PATIO.

 

EN SECUNDARIA. Venres 17 de febreiro

  • Concurso de sobremesas con premio á máis orixinal, á mellor presentada e á máis saborosa. Cada participante deberá presentar a receita en dous idiomas (galego/inglés, galego/francés, castelán/inglés, castelán/francés)
  • Concurso de disfraces, grupo e individual.
  • Liga de brilé profesorado-alumnado. Só para os disfrazados/as!!

O Día Internacional da Internet Segura é un evento que ten lugar cada ano no mes de febreiro co obxectivo de promover en todo o mundo un uso responsábel e seguro das novas tecnoloxías, especialmente entre menores e mozos/as.

Está promovido pola Comisión Europea e está organizado por INSAFE, a Rede Europea para unha Internet Segura, e en España polo Centro de Seguridade na Internet PROTÉGELES, no marco do Safe Internet Progam.

Para ampliardes máis información, consultade as seguintes páxinas:

http://www.diainternetsegura.es/

http://www.protegeles.com/

http://www.policia.es/org_central/judicial/udef/bit_conse_segurid.html

 

 

Se queredes participar neste concurso, ligade coa seguinte páxina ou consultade as bases aquí.

 

O xornal LV De Luns a Venres e o Centro Pen de Galicia, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, puxeron xa en marcha a segunda edición do certame Minicontos de Outono.

Para máis información consultar as bases nesta ligazón.

O vindeiro luns, 14 de novembro, está fixada unha reunión informativa sobre o ESPAZO ABALAR dirixida ao profesorado, ás nais e aos pais do alumnado do CPI da Cañiza.

O horario é o seguinte:

  • PROFESORADO: ás 18.00 h.
  • NAIS E PAIS: ás 19.00 h.

As reunións celebraranse na CASA DA CULTURA DA CAÑIZA.

Para maior información, podedes consultar a seguinte páxina web: http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/

Inicio da actividade: SÁBADO, 5 de NOVEMBRO

Horario e lugar: NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE ARBO, TODOS OS SÁBADOS DE 11.00h. a 12.00 h

A persoa responsable de iniciar esta actividade é ALEJANDRO POMBO, GRAN MESTRE INTERNACIONAL DE XADREZ (existen pouco máis de 1000 no mundo). Trátase dunha grande oportunidade de coñecer a este mestre e aproveitar a súa experiencia e formación.

Haberá un agasallo para aquela persoa que sexa capaz de gañarlle unha partida a Alejandro Pombo.

Se queredes participar podedes:

  • Chamar ao Concello de Arbo e preguntar por Ana no 986665000
  • Enviar un correo electrónico a cultura.arbo@gmail.com

O Concello de Arbo organizará tamén un CURSO DE RADIO e oferta a posibilidade de formarse e deseñar o propio programa.

Dende o 3 de novembro ao 29 de decembro - martes e xoves, de 18 a 20 horas

Inscricións e información: 986665000 ou correo electrónico: cultura.arbo@gmail.com

 

CRITERIOS DE TITULACIÓN 4º de E.S.O.

 

 

O alumnado que finalice a etapa con avaliación negativa poderá titular segundo a cualificación nas materias suspensas do seguinte xeito:

 

* O alumnado que suspenda tres materias, terá que alcanzar a cualificación mínima de 4 en cada unha delas para poder entrar na votación de maioría simple do equipo docente de titulación.

 

* O alumnado con dúas materias suspensas, terá que alcanzar a cualificación mínima de 3 en cada unha delas para poder entrar na votación de maioría simple do equipo docente de titulación.

 

* O alumnado que suspenda unha materia, terá que alcanzar a cualificación mínima de 3 para poder entrar na votación de maioría simple do equipo docente de titulación.

 

E OBRIGATORIO FACER O/S EXAME/S DE SETEMBRO PARA PODER TITULAR.

 

Descargar documento en PDF

Xa rematou o campionato de Badminton, námbalas dúas categorías.

Nos nenos Adrián P. acadou a primeira posición e Diego(6ºB) a segunda. A terceira posición foi para Dani( 6ºB).

Nas nenas a primeira posición foi para Esther, a segunda para Verónica e na terceira quedou Patricia. Todas de 5º B.

 

                                             Noraboa a todos

                                                                                           Jose

Distribuir contido


by Dr. Radut