Taboleiro

CAMBIO NO ENDEREZO WEB DO CENTRO

Como seguro que xa comprobastes ao vos conectar coa nosa web, mudáronnos o enderezo. Nada grave: simplemente temos que cambiar a "orde dos factores" e agora escribir: http://www.edu.xunta.gal/centros/cpidacaniza e... velaí a nosa páxina.

BIBLIOTECA - Semana da Prensa

 

Semana da Prensa

Do 14 ao 18 de marzo celebraremos a Semana da Prensa.

 Achégate á Biblioteca e poderás ver e ler distintos tipos de publicacións:

 

LUNS 14:PRENSA DEPORTIVA
MARTES 15:PRENSA XERAL
MÉRCORES 16:DIVULGACIÓN
XOVES 17:OCIO E TEMPO LIBRE
VENRES 18:OCIO E TEMPO LIBRE
TODOS OS DÍAS: PRENSA DIXITAL


BIBLIOTECA - Libros do mes de marzo

Descarga as preguntas dos libros do mes de marzo:
 
 
 

Final feminina fúbol-sala

Xa rematou a liga feminina de fútbol-sala. Nunha emocionante final( xa que aínda que se xogaba en formato de liguilla, as nenas de 2º Ciclo e as rapazas de 6º B gañaran tódolos partidos) que tivo goles, remontadas e moita competitividade deu como vencedoras finais ás alumnas de 2º Ciclo; xa que aínda que remataron a competición empatadas a 10 puntos, o gol-average deulle a victoria final ás peques. Lucía Afonso foi elexida mellor xogadora do torneo. Nesta semana xógase a final masculina entre os dous sextos, xa vos informaremos do resultado.    Jose

Presentacións PROXECTO INTERDISCIPLINAR

Para visualizar as presentacións de PROXECTO INTERDISCIPLINAR, preme aquí

FINAIS III CAMPIONATO FUTBOL SALA

O campionato de fútbol sala chega a súa fin. Na categoría feminina hai unha loita encarnizada entre as máis pequenas do cole, o 2º CICLO de Primaria, e as nenas de 6º B. Promete moita emoción a falta de tres xornadas para que acabe a competición e aínda co enfrontamento entre ambas por disputar.                          Na categoría masculina os alumnos de 6º B e de 6º A van xogar unha final moi igualada, que promete moita loita, emoción e espiritu de superación. Xa vos informarei do desenlace.  Jose

Presentacións - Proxecto Interdisciplinar 1ºESO.

Como xa saberedes, neste curso estamos a traballar no tema da Animación, é dicir, nas técnicas que dan sensación de movemento a debuxos e figuras.

No 1º Trimestre estivemos a buscar información sobre todo o relacionado co tema: orixes, historia e técnicas, e fixemos unhas Presentacions de diapositivas. Velaquí tedes unha selección dos traballos realizados.

 

BIBLIOTECA - Preguntas dos libros do mes de febreiro

Velaquí as cuestións dos libros do mes de febreiro en formato PDF:

 

 

Distribuir contido