Educación Física

Finais das ligas de fútbol-sala do CPI da Cañiza

Veñen de rematar as ligas de fútbol-sala do CPI da Cañiza, na súa sexta edición. Na final masculina os vencedores foron os alumnos de 6ºB, que venceron na final ó equipo de 5º por un claro 4-0. O mellor xogador do torneo foi Adrián de 6ºB.

Na categoría feminina os equipos de 6º A e de 6º B enfrontáronse, nunha final que a priori parecía moi igualada. Despois do partido e cun 4-0 a favor das nenas de 6º A, a igualdade quedou nun segundo plano. As mellores xogadoras do torneo foron Lucía de 6º A e Emma de 6º B.

 

Felicitacións a tódolos nen@s pola deportividade e o bo facer durante o trancurso dos partidos.

 

        Jose

VI LIGA FÚTBOL-SALA ESCOLAR CPI DA CAÑIZA

Xa estamos de volta cunha nova liga de fútbol-sala en Primaria. Xa imos pola sexta edición e moi orgullosos de estar ó pé do cañón.

Os partidos da primeira fase estenderanse dende mañá mércores 26 de Marzo ata o vindeiro 11 de Abril, nos recreos da mañá. As semifinais disputaranse a volta das vacacións de Semana Santa.

Sorte a tod@s.                                                                                       Jose

Deporte Escolar

Xornada Deporte Escolar

 

Hoxe día 19 de Marzo celebramos a I Xornada de deporte escolar, do programa XOGADE da Xunta de Galicia. Recibimos a visita do CEIP Fermín Bouza Brey de Ponteareas. Disfrutamos dunha xornada soleada que nos invitou aínda con máis gañas, a disfrutar do deporte e coñecer a outros rapaces/as do entorno. Xogamos a fútbol-sala e balonmán, aínda que os resultados son o de menos; temos que dicir que fixemos un bo traballo. O profe Jose está moi orgulloso do comportamento dos nenos/as de 6º de Primaria e loxicamente dos resultados obtidos. Seguiremos con estas xornadas no terceiro trimestre, devolvendo a visita ós pontareáns e xogaremos a hockey e baloncesto.

 

                                  Jose

FINAL MASCULINA FÚTBOL-SALA

Acabáronse as ligas de fútbol-sala, hoxe luns, coa final masculina. Os nenos de 6º B enfrontábanse aos de 5º B. Era un duelo xa repetido, porque se encontraran na fase de grupos. O resultado foi de 3-0 a favor dos nenos de 5º B, que barreron literalmente o seu opoñente, sendo xustos vencedores. Noraboa ós campións e grazas a todos por participar.      

                                           Jose

REMATE DO CAMPIONATO DE FÚTBOL-SALA FEMININO

Impresionante final entre 5º A e 5º B na liga escolar de fútbol-sala, os dous mellores equipos que dominaron os seus grupos a placer, deixaron unha final igualadísima( 0-0 ). Despois do tempo regulamentario, procedeuse ós lanzamentos de penalty e aí a fortuna sorriu ás nenas de 5º B. Noraboa a tódolos equipos e especialmente ás finalistas. Ata outra ocasión.      

                                                                         Jose

REMATE DO CAMPIONATO DE FÚTBOL-SALA FEMININO

Impresionante final entre 5º A e 5º B na liga escolar de fútbol-sala, os dous mellores equipos que dominaron os seus grupos a placer, deixaron unha final igualadísima( 0-0 ). Despois do tempo regulamentario, procedeuse ós lanzamentos de penalty e aí a fortuna sorriu ás nenas de 5º B. Noraboa a tódolos equipos e especialmente ás finalistas. Ata outra ocasión.      

                                                                         Jose

Remate II Campionato CPI da Cañiza

Vén de rematar o II Campionato de Badminton cos seguintes resultados:

Na categoría masculina o vencedor final foi Luis de 6º B, en segundo lugar quedou Adrián de 5º B e na terceira posición Pablo de 4º A.

Na categoría feminina a vencedora foi Ana Riveiro de 5º B, segunda Noemí de 5º B e en terceira posición Nerea de 6º B.

 

 Dar as gracias aos nen@s polo seu bo comportamento e implicación no desenrolo dos partidos, a profe Miriam por axudar na creación dos diplomas e pedir desculpas aos meus alumnos por non poder cumplir o calendario inicial; por mor da lesión de nocello dun servidor.

                                                                                                              Jose

Campionato de Badminton Cpi da Cañiza

Durante os meses de Xaneiro e Febreiro imos desenrolar un novo campionato de badminton no pavillon de Primaria.  Xa vos informaremos do desenrolo da fase previa e dos clasificados para a fase final, que se desenrola nos recreos.         O mestre

Distribuir contido