Skip to Content

Educación Física

Durante os meses de Xaneiro e Febreiro imos desenrolar un novo campionato de badminton no pavillon de Primaria.  Xa vos informaremos do desenrolo da fase previa e dos clasificados para a fase final, que se desenrola nos recreos.         O mestre

Ven de rematar a liga de fútbol-sala do CPi da Cañiza. A final feminina foi moi emocionante, xogárona as nenas de 4ºA e 4º B. Despois do remate do tempo regulamentario o partido rematou co resultado de 1-1. Procedeuse entón, o lanzamento de penaltys que rematou cun novo empate. Pola tarde, ante a petición das nenas repetiuse a final que volveu a quedar 0-0 e novamente os penaltys acabaron do mesmo xeito. A decisión do profe foi declarar vencedoras ós dous equipos. Que gran final.

 

Na categoría masculina enfrontaronse os nenos de 6ºB e os de 5ºB. A final foi igual de intensa que a das rapazas. Os de 6º B adiantaronse no marcador cun gol de Iván e os de 5º B , dedicáronse a non encaixar máis goles. Xa na segunda parte os nenos de 5º B cambiaron a súa estratexia e tiraron ata 3 tiros ós postes, facéndose merecedores do empate. Ó final Iván nunha contra puxo o definitivo 2-0 no marcador co que acabou o partido.

O profe Jose felicita dende aquí a tódolos participantes.

 



Xa comezamos de novo, chegou a IV liga de Fútbol-Sala. Como cada ano a ilusión por facer rodar o balón era enorme. Xa se irán poñendo máis datos, pero os 8 equipos masculinos e os 6 femininos que xogan ámbalas ligas prometen emoción. Esperamos estar a mesma altura ou superar o listón de anos anteriores. Saúdos.

Xa rematou o campionato de Badminton, námbalas dúas categorías.

Nos nenos Adrián P. acadou a primeira posición e Diego(6ºB) a segunda. A terceira posición foi para Dani( 6ºB).

Nas nenas a primeira posición foi para Esther, a segunda para Verónica e na terceira quedou Patricia. Todas de 5º B.

 

                                             Noraboa a todos

                                                                                           Jose

Xa rematou o III Campionato de fútbol-sala na categoría masculina. A final enfrontou aos dou sextos nun partido moi disputado. Adiantáronse os de 6º B con gol de Diego e acto seguido Xosé de 6º A conquería o empate. Logo Suso de 6º A poñía o 2-1 e na segunda parte xa rematando, Adrián P. marcaba de falta directa o definitivo empate a 2. Houbo entón que recurrir a tanda de penaltis para saber o vencedor definitivo e aí mostráronse máis efectivos os alumnos de 6º A, proclamándose campións.

Xa rematou a liga feminina de fútbol-sala. Nunha emocionante final( xa que aínda que se xogaba en formato de liguilla, as nenas de 2º Ciclo e as rapazas de 6º B gañaran tódolos partidos) que tivo goles, remontadas e moita competitividade deu como vencedoras finais ás alumnas de 2º Ciclo; xa que aínda que remataron a competición empatadas a 10 puntos, o gol-average deulle a victoria final ás peques. Lucía Afonso foi elexida mellor xogadora do torneo. Nesta semana xógase a final masculina entre os dous sextos, xa vos informaremos do resultado.    Jose

Nos vindeiros meses de Febreiro, Marzo e Abril o CPI da Cañiza participará de novo no programa de Deporte na Escola. Iremos a xogar a Mondariz e máis a Ponteareas e faremos de anfitrións co colexio Bouza Brey da localidade pontareana. Xa iremos informando dos progresos que academos.      Jose

Xa comeza  o III Campionato de fútbol-sala do CPI da Cañiza. Esperemos que sexa un éxito como en anteriores anos. Dende o 7 de Febreiro ata mediados de Marzo estaremos no recreo a darlle ó balón dun lado para outro.

Finalizou tamén o Campionato de Basket feminino proclamándose campionas as alumnas de 6º B, nunha final moi axustada, contra as nenas de 5º B.   NORABOA AS CAMPIONAS

Vén de rematar o II Campionato de Basket, que se estivo xogando durante este mes de Novembro nos recreos. Os alumnos de 6º B conqueriron a victoria por 9-6 fronte os alumnos de 6º A. Adriano foi elexido mellor xogador do torneo.

Na categoría feminina as alumnas de 6ºB e as de 5ºB xogan mañá a súa final.                                                   JOSE

Distribuir contido


by Dr. Radut