Finais das ligas de fútbol-sala do CPI da Cañiza

Veñen de rematar as ligas de fútbol-sala do CPI da Cañiza, na súa sexta edición. Na final masculina os vencedores foron os alumnos de 6ºB, que venceron na final ó equipo de 5º por un claro 4-0. O mellor xogador do torneo foi Adrián de 6ºB.

Na categoría feminina os equipos de 6º A e de 6º B enfrontáronse, nunha final que a priori parecía moi igualada. Despois do partido e cun 4-0 a favor das nenas de 6º A, a igualdade quedou nun segundo plano. As mellores xogadoras do torneo foron Lucía de 6º A e Emma de 6º B.

 

Felicitacións a tódolos nen@s pola deportividade e o bo facer durante o trancurso dos partidos.

 

        Jose