Skip to Content

AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL CURSO 2020/2021

Xa poden solicitar as axudas de libros e material para o vindeiro curso. Estas solicitudes poden facerse por vía telemática ou presencial.

Para os que escollan a vía presencial, establecemos un protocolo para poder atendelos con garantías de seguridade sanitaria.

Para elo elaboramos un calendario de atención repartido por cursos para que non coincidan todas as familias á vez. O día que cada familia terá que vir, será o que lle corresponda ó curso que fará o seu fillo o ano que ven. As familias que teñan máis dun fillo poderán elexir o día de entre os que lle correspondan.

1. NORMATIVA: https://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros
2. PRAZO: dende o 20 de maio ó 19 de xuño
3. PRESENTACIÓN:para ver as instrucións de presentación prema no documento adxunto.

PARA CONSULTAR DÚBIDAS: 886110512 (de 10:00h a 13:30h)

RESTABLECEMENTO DO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2020/2021

Restablécese o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado novo no centro, procedemento que foi interrumpido cando se declarou o estado de alarma. Dito procedemento reiniciarase o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.

Para garantir a seguridade sanitaria de todos, elaboramos un protocolo para atender ás familias que veñan realizar xestións ó centro.

IMPORTANTE: Este procedemento solo se aplica ó alumnado novo no centro. Os alumnos e alumnas matriculados xa neste centro non teñen que realizar esta xestión.

 

RESTABLECEMENTO DO PROCESO DE ADMISIÓN ALUMNADO NOVO NO CENTRO PARA O CURSO 2020-21.

PROTOCOLO DE ATENCIÓN ÁS FAMILIAS.

 

  • PRAZO: dende o día 11 ata 18 de maio (ambos inclusive).
  • DÚAS OPCIÓNS PARA PRESENTAR AS SOLICITUDES:
      1. Vía online en: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/#
      2. Presencialmente, no propio centro, con cita previa. Cómo solicitar a cita previa:
          •  Chamando por teléfono: 886110512 (en horario de 9:30-13:30 h. de luns a venres)

 

CANDO ACUDAN Ó CENTRO:

  • O centro disporá medidas para garantir a seguridade das familias e do propio persoal do centro. Sería conveniente que acudisen provistos de         mascarilla, se é posible.
  • Accederá ó centro unha soa persoa por familia.
  • Deberán acceder polo portal motorizado situado fronte ó centro de saúde, pulsando no timbre para que se lles abra.
  • No patio de columnas da entrada do centro atoparán unha mesa con hidroxel para desinfectar as mans antes e despois de realizar a xestión.
  • O persoal do centro atenderá ás familias pola fiestra da Secretaría que da ó patio. Salvo indicación expresa do persoal do centro, non se pode acceder ó interior do edificio.

OUTROS ASPECTOS IMPORTANTES

  • Publicación das listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño.
  • Publicación das listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido: antes do 26 de xuño.
  • Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.
  • Formalización da matrícula ordinaria na ESO: do 1 ao 10 xullo.
  • Prazo extraordinario na ESO: do 1 ao 10 de setembro.

 

RESOLUCIÓN DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL DO 7 DE MAIO DE 2020 SOBRE O RESTABLECEMENTO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO DO 2º CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL, EDUCACIÓN PRIMARIA, EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA E BACHARELATO EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS PARA O CURSO ACADÉMICO 2020/2021

2 DE MAIO. DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Traballar para eliminar o acoso escolar e a violencia en xeral é traballo de toda a comunidade educativa. Cando dende a escola e a familia se estimulan nos nenos e nenas os valores sociais e morais positivos (paz, igualdade, solidaridade, diálogo, tolerancia, empatía...), a probabilidade de que apareza unha conducta violenta diminúe drásticamente.

Só coa implicación de toda a comunidade conseguiremos eliminar a violencia nas aulas e na sociedade na que vivimos.

TODAS AS TAREFAS XUNTAS NA AULA VIRTUAL DO CENTRO (INFANTIL E PRIMARIA)

Estimadas familias:

Para facilitarvos o acceso ás tarefas dos vosos fillos e fillas, recopilamos toda a información de cada materia na aula virtual, de modo que poderedes atopar todos os enlaces nun mesmo espacio. Aínda así, podedes escoller acceder dende a aula virtual ou acceder co método que estabades usando ata o de agora.

Para acceder á aula virtual do centro deberedes facer o seguinte:

1. ACCEDER Á PÁXINA WEB DO CENTRO: https://www.edu.xunta.gal/centros/cpicurrosenriquezpazos/

2. PINCHAR SOBRE O ACCESO Á AULA VIRTUAL (ESQUINA SUPERIOR DO LADO DEREITO):

ACCESO AULA VIRTUAL

3. PINCHAR SOBRE O ENLACE A INFANTIL E PRIMARIA, TAL COMO SE MOSTRA NA IMAXE:

  

4. PINCHAR SOBRE CADA UN DOS ENLACES DAS DISTINTAS MATERIAS PARA ACCEDER ÁS TAREFAS:

 

 

LEMBRADE CONTACTAR COS VOSOS TITORES OU TITORAS SE ATOPADES ALGUNHA DIFICULTADE.

Grazas pola vosa colaboración.

VIDEOTITORIAIS PARA AS FAMILIAS

Aquí tedes o enlace a tres videotitoriais que nos parecen interesantes para as familias. Lembrade que calquera dúbida ou problema podedes prantexalo ó centro ou ós vosos titores e titoras.

Grazas pola vosa colaboración.

Videotitorial sobre a instalación e rexistro de abalarMóbil

Videotitorial sobre as funcionalidades de abalarMóbil

Videotitorial sobre o servizo de videoconferencias Webex (alumnado)

CONTACTO CO CENTRO

Para contactar co centro:

TELÉFONOS: 886110501 / 684012258

CORREO: cpi.curros.enriquez.pazos@edu.xunta.gal

Lembrade manter a aplicación Abalar Móbil actualizada e coas notificacións activadas (se precisades axuda coa aplicación contactade co centro).

 

Grazas

INFORMACIÓN SOBRE SERVIZOS DO COLE

Estimadas familias:

A Consellería enviou na tarde do venres pasado unhas recomendacións provisionais para o funcionamento do terceiro trimestre, pero as instrucións definitivas non sairán ata que o Ministerio de Educación envíe as instrucións sobre as cuestións que son da súa competencia.

Nestas recomendacións establécense unha serie de pautas para os centros que xa estamos pondo en marcha, á espera das instrucións definitivas. Os titores e titoras dos vosos fillos e fillas poranse en contacto con vos para informarvos de maneira máis precisa.

No cole sabemos que as situacións familiares son moi diversas, en canto a saúde, en canto a medios informáticos, en canto a conexión a internet, en canto ó manexo das ferramentas informáticas,...

Quero transmitirvos tranquilidade, o importante é que os nenos e nenas manteñan unha rutina de traballo que lles axude na volta ás clases, pero sen estrés nin agobios, mantendo o contacto co que é a vida escolar, pero sen que se converta nun suplicio para todos. O profesorado está traballando para levar adiante esta situación, que tamén é nova para nos e que nos pillou a todos de sorpresa. Estamos pondo todos os medios e tempo ó noso alcance, conscientes de que nos toca por todo da nosa parte para atender ós nenos e nenas, que son o que realmente importa.

Con todo isto e para axudarvos, o centro pon en marcha os seguintes servizos:

1. SERVIZO DE IMPRESIÓN DE TAREFAS, en colaboración co Concello. Aquelas familias interesadas en que se vos impriman tarefas dos vosos fillos/as debedes enviar un correo electrónico ó cole indicando o nome e curso dos vosos fillos e que tarefas necesitades imprimir. O centro fará a impresión e o reparto levarao a cabo persoal do Concello.

                          CORREO PARA SOLICITAR AS FOTOCOPIAS: cpi.curros.enriquez.pazos@edu.xunta.gal

2. SERVIZO DE PRÉSTAMO DE MATERIAL INFORMÁTICO: O centro está prestando ás familias ordenadores portátiles. Os recursos son limitados pero estamos intentando atender a todas as familias que o precisan.

•A Consellería enviou tres ordenadores portátiles con conexión a internet.

•O centro está prestando para as casas os ordenadores portátiles ós grupos Edixgal (5º e 6º de Primaria) e Abalar (1º e 2º de ESO) nos casos nos que lles fan falta.

•Solicitamos máis portátiles con conexión á Consellería, aínda non sabemos se nolos poden enviar (as necesidades son moitas en toda Galicia).

•Estamos intentando conseguir algún medio de conexión a internet para os nenos que non teñen conexión nas súas casas. Non podemos garantir que o vaiamos a conseguir pero estamos traballando nesta posibilidade.

Para repartir este material contamos coa colaboración da Garda Civil do Posto de Fornelos de Montes, que se ofreceron para facilitarnos ó cole e ás familias non ter que expoñer a saúde desprazándonos para levar ou vir buscar os equipos.

3. SERVIZO DE PRÉSTAMO DE  LIBROS DA BIBLIOTECA: Sabemos que os nenos e nenas xa leron todos os libros que tedes na casa. Ademais, traballar a comprensión lectora é unha das cuestións máis importantes que poden facer para aproveitar o tempo, aprender e estar entretidos.

Aquelas familias que esteades interesadas en que se vos presten libros da biblioteca do centro debedes enviar un correo indicando o nome e curso dos vosos fillos. Este servizo de préstamo farase cada 15 días e cando o solicitedes xa vos indicaremos como se vos van a entregar.

4. ENTREGA DE MATERIAL ESCOLAR: No caso de que os vosos fillos deixaran no centro material coma libros, cadernos, etc, contactade co centro, a través de correo electrónico ou do teléfono do cole para ver como podemos facervos entrega. 

Se algunha familia precisa con urxencia folios ou outro tipo de material escolar básico podedes contactar co centro tamén. Neste caso conto co voso sentido común para facer uso deste servizo só se realmente vos vai falta.

Grazas por colaborar con nos, moito ánimo e unha aperta.

A Dirección

INICIO DA TERCEIRA AVALIACIÓN

ESTIMADAS FAMILIAS

Dende o centro queremos facervos chegar o noso apoio nestes momentos tan duros para todos. Vivimos nunha incerteza constante sobre que vai a ocorrer cos traballos, coa saúde, coa educación dos nenos e nenas...Tódolos días temos noticias contraditorias nos medios de comunicación e nas redes sociais sobre que vai a suceder co curso.

O vindeiro martes 14 comeza a terceira avaliación e dende o centro queremos facervos chegar unha mensaxe de calma. En canto teñamos instrucións concretas da Consellería seredes informados, agardade con tranquilidade ata entón.

Durante as pasadas semanas algunhas familias puxéronse en contacto co centro para solicitar axuda para imprimir material e outros problemas que, co estado de alarma, son moi difíciles de solucionar para vos.

Contactamos co Concello para por en marcha un servizo de impresión de tarefas escolares como o que xa está funcionando noutros concellos.

Parece ser que non lles é posible imprimir, así que será o colexio o que faga as impresións. O reparto das tarefas impresas farao alguén do colexio ou un operario do Concello se pode. Este servizo aínda o estamos organizando, así que informarásevos do procedemento en canto o teñamos rematado.

Ademais, estamos a estudiar diferentes iniciativas para axudarvos coa educación dos vosos fillos e fillas na casa. Como vos dixen, estamos á espera de instrucións da Consellería para poder por todo en marcha.

Moito ánimo e unha aperta.

A Directora

INFORMACIÓN IMPORTANTE: AXUDAS COMEDOR COVID-19

Estimadas familias,

No documento adxunto podedes atopar a circular informativa coas instrucións para a solicitude das axudas do comedor escolar pola suspensión do servizo como consecuencia do COVID-19.

Achegamos tamén os seguintes enlaces:

SEDE ELECTRÓNICA DA XUNTA: http://sede.xunta.gal

ORDE QUE REGULA AS AXUDAS: Orde 27 marzo (DOG 30 marzo)

Animo rapaz@s!!!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut