Skip to Content

Or. Primaria

BOLSAS E AXUDAS PARA ALUMNADO NEAE PARA O CURSO 2022-2023

Aberto o prazo para solicitar as Bolsas e Axudas para alumnado que presenta algunha Necesidade Específica de Apoio Educativo do 19 de maio ó 30 de setembro de 2022.

BLOGUE ORIENTACIÓN

Enlazamos O Blogue "Orientación que activa" onde poderedes facer un seguimento dalgunhas actividades que se realizan dende o Departamento de Orientación, así como información de interese para construír itenerarios formativos adecuados.

https://orientacionqueactiva.blogspot.com/

 

Estratexias para a xestión da frustración

Deixámosvos un díptico cunhas claves para axudar á xestión da frustración dos nenos e nenas dende que son pequenos.

8 de marzo: Día da Muller

Este 8 de marzo, fixemos entrega das chapas gañadoras do I Concurso de chapas pola igualdade

As alumnas de Código Diverse, do noso equipo de Igualdade, estiveron traballando arreo para ter todas as chapas preparadas para este día.

Noraboa a Sofía, Roque, Roi, Aitana e Hugo!!!

E grazas ó resto por participar! 

Con ideas como estas, construímos unha sociedade máis igualitaria!

 Aquí vos deixamos algunha imaxe :)

I Concurso de chapas pola igualdade

Distribuir contido


by Dr. Radut