Skip to Content

INICIO DO CURSO PARA O ALUMNADO DE INFANTIL E PRIMARIA

Debidas ás circunstancias extraordinarias que estamos vivindo, como consecuencia da Covid-19,  o inicio de curso farase de xeito gradual por cursos:

- xoves 10 de setembro de 2020: incorpóranse 4º e 5º de Infantil e 1º, 2º e 3º de Primaria.

- venres 11 de setembro de 2020: incorpóranse 6º de Infantil e 4º, 5º e 6º de Primaria.

O horario será o habitual dende o primeiro día (9:30- 14:30h), salvo para os/as alumnos/as de 4º de infantil, que están co período de adaptación. Haberá transporte e comedor dende o día 10.

NOTA 1: Recórdase que é obrigatorio o uso de máscara a partir dos 6 anos (será preciso traer unha segunda máscara de reposto), e recoméndase o uso da mesma ata os 5 anos.

NOTA 2: Os familiares non poderán acceder ao centro, excepto no caso dos alumnos de infantil ( só un familiar por neno)

Un saúdo e bo comezo!

CALENDARIO PROBAS AVALIACIÓN SETEMBRO 2020

No seguinte arquivo adxunto poden acceder ó calendario de probas de avaliación correspondente á convocatoria extraordinaria de setembro do curso 2019-2020, tal como xa se lles comunicou ó alumnado en xuño.

POLA SEGURIDADE SANITARIA DE TODOS E TODAS:

  • É OBRIGATORIO O USO DE MASCARILLA PARA ACCEDER Ó CENTRO.
  • DISPORÁN DE XEL DESINFECTANTE PARA LIMPAR AS MANS ANTES DE ENTRAR Á AULA.
  • O ALUMNADO NON PODE ACCEDER CON ACOMPAÑANTES.
  • NON ESTÁ PERMITIDO PERMANECER NO INTERIOR DO RECINTO ESCOLAR, POLO QUE DEBERÁN ACCEDER Á HORA QUE LLES CORRESPONDA E ABANDONAR O RECINTO EN CANTO REMATEN.
  • AS FAMILIAS PRECISAN TER CITA PREVIA PARA ACCEDER Ó CENTRO. PARA ELO PODEN CHAMAR POR TELÉFONO OU ENVIAR UN CORREO ELECTRÓNICO.

Grazas pola súa colaboración.

 

PLAN MADRUGA 2020/2021

Estimadas familias:

O vindeiro curso 2020/2021 pretendemos por en marcha o servizo de atención ó alumnado pola mañán, no horario previo ó inicio das clases (Plan Madruga). Este servizo será organizado pola ANPA do centro, e necesitan saber cántas familias estarían interesadas no mesmo. No arquivo que vos adxuntamos tedes toda a información, pero ante calquera dúbida ou consulta, poderedes contactar do seguinte modo:

ANPA: 672039998 (Presidenta) / anpacurros@gmail.com

Centro: 886110501 / 886110512 / cpi.curros.enriquez.pazos@edu.xunta.gal

Moitas grazas pola vosa colaboración.

LISTAXE LIBROS DE TEXTO 2020-2021

Xa podedes consultar as listaxes de libros de texto para o curso 2020-2021 nos seguintes enlaces. 

REMATE DO CURSO 2019/2020

Estimadas familias:

Rematou este curso 2019/2020, que nos trouxo un último trimestre inesperado, cargado de incertidume, de preocupación e de situacións novas para toda a comunidade educativa.

Compaxinar o confinamento co traballo e coas actividades do cole dos fillos non foi unha tarefa sinxela, como tampouco o foi montar de un día para outro un sitema educativo a distancia. Toda a comunidade educativa arrimamos o ombreiro para saír adiante. Queremos agradecervos a vosa colaboración e comprensión.

Agradecemos tamén a colaboración do Concello, da ANPA e da Garda Civil de Fornelos de Montes pola súa colaboración durante esta difícil situación.

Non sabemos qué vai a ocorrer en setembro co inicio do novo curso 2020/2021, pero o que si sabemos é que a unión de toda a comunidade educativa (familias, profesorado, persoal non docente e administracións públicas) é a ferramenta máis importante para garantir o benestar, a saúde e a educación dos nosos nenos e nenas.

Bo verán e unha aperta.

O Claustro do CPI Curros Enriquez.

INSTRUCIÓNS FAMILIAS ALUMNADO ESO. FIN DE CURSO 2019/2020

ENTREGA DE BOLETÍNS E MATERIAL ALUMNADO ESO: 25 DE XUÑO DE 2020, no horario que se indica no arquivo adxunto.

 

DÚBIDAS E CONSULTAS: 886110501 / 886110512 / cpi.curros.enriquez.pazos@edu.xunta.gal

INSTRUCIÓNS FAMILIAS INFANTIL E PRIMARIA. FIN DE CURSO 2019/2020

Estimadas familias:

Co fin de coidar da saúde de todos, organizamos un horario repartido en dous días (XOVES 18 E VENRES 19) para que veñades ó centro a buscar os boletíns de notas dos vosos fillos e fillas, recoller o material que deixaron na aula e devolver o material do centro (libros de texto no caso de 3º e 4º, libros de biblioteca e ordenadores portátiles).

Podedes ver o día e horario que vos corresponde no documento adxunto. Podedes consultar as dúbidas que teñades cos vosos titores e titoras.

Aproveito a ocasión para lembrarvos que o prazo para solicitar as axudas para libros de texto e material escolar remata este venres 19. Aínda hai familias que non fixeron esta solicitude.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

A Dirección.

AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Qué tipos de axudas poden solicitar para os seus fillos/as dependendo do curso no que estean matriculados no 2020/2021?:

AXUDAS LIBROS E MATERIAL

PARA DÚBIDAS E CONSULTAS: 886110512 (de 10:00h a 13:30h)

AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL CURSO 2020/2021

Xa poden solicitar as axudas de libros e material para o vindeiro curso. Estas solicitudes poden facerse por vía telemática ou presencial.

Para os que escollan a vía presencial, establecemos un protocolo para poder atendelos con garantías de seguridade sanitaria.

Para elo elaboramos un calendario de atención repartido por cursos para que non coincidan todas as familias á vez. O día que cada familia terá que vir, será o que lle corresponda ó curso que fará o seu fillo o ano que ven. As familias que teñan máis dun fillo poderán elexir o día de entre os que lle correspondan.

1. NORMATIVA: https://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros
2. PRAZO: dende o 20 de maio ó 19 de xuño
3. PRESENTACIÓN:para ver as instrucións de presentación prema no documento adxunto.

PARA CONSULTAR DÚBIDAS: 886110512 (de 10:00h a 13:30h)

Distribuir contido


by Dr. Radut