Skip to Content

Animo rapaz@s!!!!!

ESTADO DE ALARMA: INFORMACIÓN

ESTIMADAS FAMILIAS

Ante todo queremos transmitirvos o noso ánimo nestes momentos difíciles para todos e todas.

O primeiro que vos solicitamos é algo de tranquilidade e actuacións con sentido común ante esta situación. Debemos ter como prioridade o cumprimento do Estado de Alarma e a seguridade sanitaria de todos e todas.

QUEDAR NA CASA é nestes momentos unha obriga como sociedade. 

As familias estades a recibir información e tarefas para os vosos fillos e fillas, empregando distintas canles (correos electrónicos de traballo, plataforma EVA EDIXGAL, Google Suite, web do centro, blogs das materias, etc.). Para a súa correción ou para resolver calquera dúbida podedes contactar co profesorado a través das canles que xa vos teñan comunicado.

É conveniente que as nenas e nenos teñan unha rutina de traballo diario. Pero tamén vos queremos transmitir tranquilidade, cada un dos vosos fillos e fillas ten un ritmo de traballo distinto. Non se trata de facer todas as tarefas nun mesmo día. Pero tampouco de desentenderse de todo. A rutina de traballo faralles a volta ás clases un pouco máis levadeira.

Todo o profesorado estamos traballando para coordinar e desenvolver toda esta estructura de ensino e aprendizaxe a distancia. É moi importante que toda a comunidade educativa actuemos dun xeito coordinado e que contedes coa nosa axuda e asesoramento para facervos máis fácil como pais e nais a vosa tarefa diaria cos nenos e nenas.

Ademáis do sistema que vos teña comunicado cada profesor ou profesora, tedes á vosa disposición os seguintes medios de contacto co centro:

Teléfono: 886110501 ou 684012258

Correo electrónico: cpi.curros.enriquez.pazos@edu.xunta.gal

Agradecemos a vosa colaboración e gardamos poder vernos pronto.

O Profesorado do CPI Curros Enriquez

ENTROIDO 2020

Pregámosvos que consultedes o arquivo adxunto que explica cómo se vai organizar o día do entroido no centro.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Xa poden apuntarse ás xornadas de portas abertas destinada aos interesados/as en ser admitidos/as no centro para o curso que ven (admisión de solicitudes do 1 ao 20 de marzo). Para unha axeitada organización é necesario inscribirse chamando ao teléfono 886110512.

DATA: 18/02/2020

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Convidamos a toda a comunidade educativa á Xornada de Portas Abertas que terá lugar no centro o mércores 19 en horario de mañá (10:30 a 14:00) e de tarde (16:00 a 18:00), e tamén o xoves 20 en horario de mañá (10:30 a 14:00)

Animádevos a ver os traballos do noso creativo alumnado.

ESCOLA DE FAMILIAS

Animádevos a participar nesta acitividade que tratará sobre o establecemento de normas e límites como axuda na difícil tarefa de educar...

O martes 30 de abril - 17:00 hrs.

Salón de Actos do Concello

ESCOLA DE FAMILIAS

LISTAXE DE ADMITIDOS. CURSO 2019-2020

Informamos que todas as solicitudes de admisión presentadas neste centro foron admitidas e obtiveron praza para o curso 2019-2020

CALENDARIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA

PROGRAMA ESCOLAR DE CONSUMO DE FRUTAS

Distribuir contido


by Dr. Radut