slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3 slideshow 4 slideshow 5 slideshow 6 slideshow 7 slideshow 8 slideshow 9 slideshow 10 slideshow 11

Benvidos ó CPI de Cervantes!

Curso 2023/2024

 

 

 

Celebramos as Letras Galegas con Toño Núñez

Esta semana celebramos as Letras Galegas cun dos nosos autores máis queridos, Toño Núñez.

Agasallounos cos seus versos, cos seus contos, cos seus cantos e coa súa agarimosa voz...

Toño, moitas grazas pola túa xenerosidade, e por esta literaria xornada!

E parabéns aos nenos e ás nenas pola súa participación no Certame Literario Darío Xohán Cabana, e parabéns especiais aos gañadores e ás gañadoras.

Neste vídeo podedes ver un resumo deste día!

 

       

Día do Libro

O Concello de Cervantes e o CPI de Cervantes estivemos de celebración!

No noso concello o Día do Libro é unha data moi especial. Lembramos ao autor que leva o nome de Cervantes,  e  lembramos tamén  como fai referencia ás nosas montañas na súa obra mundialmente recoñecida, O Quixote.

O noso agradecemento a José Manuel López Cedrón, polo seu pregón, "Un pequeno relato cheo de Cervantismos", e á Deputación de Lugo, por agasallarnos co libro Vía Romana XIX, Unha viaxe dende Lugo aos Ancares, seguindo as pegadas de Roma.   

E moitas grazas ao Concello de Cervantes por contar co cole para este acto tan fermoso, e por todos os agasallos do certame literario.

Neste vídeo podedes ver un resumo desta xornada. Parabéns aos gañadores e gañadoras!

 

Imos buscar un tesouro-Audiolibro

Aquí vos deixamos un audiolibro elaborado polo alumnado de 5º e 6º: Imos buscar un tesouro, da editorial Kalandraka.

Oso pequeno e tigre pequeno van á procura dun tesouro. O maior tesouro é desfrutar das pequenas cousas do día a día. Tan fácil pero á vez tan difícil!

 

O alumnado de infantil e primeiro de primaria preséntanos a Yayoi Kusama

A primeira vez que escoitamos falar de Yayoi Kusama non tiñamos nin idea de quen era esa muller, agora case podemos dicir que é coma da familia ;)

Parabéns polo gran traballo e parabéns, Yayoi, polo 95 aniversario!

  

Acreditación Competencia Dixital para o alumnado de 4º de ESO

A Consellería pon a disposición do alumnado unha ferramenta para a adquisición de determinados niveis na competencia dixital, que a Unión Europea considera fundamental para poder incorporarse á vida adulta.

O alumnado que obteña o título de graduada ou graduado en educación secundaria obrigatoria recibirá o certificado que acredita o nivel de iniciación.

O alumnado matriculado en 4º da ESO poderá facer unha proba específica, durante o mes de maio e con carácter voluntario, para a adquisición do nivel intermedio. A proba terá unha duración máxima de 90 minutos, cun total de 60 preguntas de diferente complexidade e tipoloxía. Para superar a proba deberase responder correctamente a un 70% do total das preguntas, sendo necesario obter un mínimo do 60% de respostas correctas. A certificación terá unha validez de cinco anos.

Para que poidamos inscribir ao alumnado en ditas probas, as familias tedes que entregar asinado o documento anexo IV que se adxunta.

No seguinte enlace tedes un exemplo da proba:https://www.edu.xunta.gal/portal/competenciadixital/alumnado

Recital poético polo Día de Rosalía

O Departamento de Dinamización Lingüística conmemorou o Día de Rosalía cun recital poético.

 

Torneo de pimpón

Nesta semana tivemos a segunda xornada deportiva e de convivencia deste curso, no IES de Becerreá.

Parabéns ao alumnado de Primaria e da ESO polos logros e a participación nesta actividade!

E moitas grazas ao profesorado e á Xogade pola organización!

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer