Igualdade, Convivencia e Inclusión

PLANETARIO 2ºA

Os nenos e nenas de 2ºA estudamos o universo e todos os seus elementos. Con todo o que aprendemos, decidimos construir un planetario para a nosa aula. Reutilizamos cartón para facer os planetas, a lúa e o sol; buscamos información e curiosidades sobre cada un deles e...asi nos quedou!!!

PLANETARIO 2ºA

Creamos vídeos educativos

O alumnado en pequeno grupo, organizouse e elaboraron  un vídeo educativo para os seus compañeiros. Tiveron que buscar, resumir, estruturar, organizar... información para poder conseguir un resultado que agradase a todos.

Exposición de maquetas das células eucariotas

Os alumnos e alumnas de 5ºA de Educación Primaria realizaron cadansúas maquetas das células eucariotas animais e vexetais e expuxeron o seu traballo na Biblioteca. Convidaron aos rapaces e rapazas de cuarto de Educación Primaria para compartir con eles o que aprenderon e aproveitaron para ensinarlles algúns dos fondos documentais que poden atopar na nosa Bibilioteca que falan sobre as células.

Podes ver as imaxes da exposición aquí.

Exposición de maquetas do Sistema Solar

Os alumnos e alumnas de 5ºA de Educación Primaria realizaron cadansúas maquetas do Sistema Solar e expuxeron o seu traballo na Biblioteca. Convidaron aos rapaces e rapazas de primeiro e segundo de Educación Primaria para compartir con eles o que aprenderon e aproveitaron para ensinarlles algúns dos fondos documentais que poden atopar na nosa Bibilioteca sobre astronomía. Os pequenos estiveron moi atentos ás explicacións, preguntaron moitas dúbidas e disfrutaron moito da actividade.

Podes ver as imaxes da exposición aquí.

Economía circular

Aproveitando que o día da Terra é o 5 de xuño o alumnado de 6º recibiu unha charla sobre economía circular; aprendendo o que significa ese termo e a importancia de realizar un consumo responsable.

Día da Muller

O 8 de marzo o alumnado de 6º curso realizou un mural colaborativo para celebrar o día da Muller.

 

Vea artística

Aproveitamos o Entroido para facer unha obra de teatro con tod@as as personaxes das que nos disfrazamos. Cada un tiña adquirida unha responsabilidade para que todo funcionase. 

Saída a Naturmaz

Día de convivencia en Naturmaz onde todo o alumnado participou nas distintas actividades ofertadas. Realizaron actividades como: tiro con arco, escalada, busca do tesouro... 

Para poder realizar algunha das actividades era necesario o traballo en equipo, para así conseguir o obxectivo marcado.

 

Distribuir contido

Igualdade, Convivencia e Inclusión