Igualdade, Convivencia e Inclusión

Experimento "Mans sucias, mans limpas"

Experimento "Mans sucias, mans limpas"

Os alumnos de 3ºB de Educación Primaria investigamos acerca da importancia da hixiéne diaria das nosas mans. Para elo levamos a cabo o seguinte experimento:

Collemos unha mazá e partímola en dous trozos. Un deses trozos tocámolo despois de lavar concienzudamente as mans e metémolo nun dos tarros coa etiqueta de "Mans limpas". A outra parte da mazá tocámola coas mans despois de vir do patio para, a continuación, metela no segundo tarro coa etiqueta de "Mans sucias".

Os días sucesivos fomos anotando os cambios que ocorrían nas dúas metades das mazás e pudemos observar que na mazá que tocáramos coas mans sucias tiña peor pinta e medraban fungos con máis facilidade que na outra. Con este experimento descubrimos que nas mans temos moitas bacterias e que as transmitimos a aquelo que tocamos, de aí a necesidade de manter unha boa hixiene. 

ENTROIDO 2019

19/03/2019 19:11

O tema do cine e da TV foi a nosa  isnpiración para celebrar o entroido de 2019.  

No vídeo adxunto se pode ver alguns momentos do festival que este ano contou coa participación de todos os alumnos e alumnas do Cernadas. Unha festa moi bonita!

 

 

Iniciación na robótica!

Os alumnos de 6º nivel de Educación Infantil do noso centro están a realizar un obradoiro anual sobre Robótica. Realizamos varias actividades onde eles e elas tiñan que vivenciar co ser corpo os diferentes movementos destes "bichiños": paso a diante, paso atrás, a un lado e o outro.

O seguinte paso foi iniciarse na programación dos Escornabot, saber onde teño que ir para poder dirixilo.

 

25N - Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

O noso centro participou intensamente nas celebracións do 25 N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. O xoves, 21 de novembro un grupo de “carteiras” repartiu postais realizados polo alumnado da ESO que denunciaban o grave problema que sofre a nosa sociedade respecto a este tema. O venres 22 os nosos alumnos e alumnas realizaron un simbólico muro de ladrillos de cartón onde puideron plasmar a súa repulsa sobre o tema da violencia contra as mulleres por medio de frases e debuxos, e co obxectivo de crear conciencia e visibilizar este grave problema. Mentres o alumnado de primaria traballou na construción dun muro para o centro, os de secundaria executárono no concello do Lousame. Nos arquivos adxuntos pódense visualizar vídeos coas imaxes deste importante acontecemento.

  Pincha no adxunto para ver o vídeo do correio e adxunto2 para ver as fotos do muro do Consello.

Samaín

O último día 31 de outubro celebramos o Samaín, unha das tradicións máis antigas que data xa da época dos celtas.

Cabazas, pasillos e aulas, todo adornado con moita creatividade e orixinalidade transportáronnos á noite do Samaín, mantendo viva esta tradición.

 

Pincha para ver os vencedores do concurso de cabazas

A cor en Paul Klee.

Nesta actividade imos aprender diversas características da obra do pintor alemán Paul Klee. Despois, cada neno e nena disporá de tres debuxos do autor sen cor algunha e serán eles os que, con diferentes materiais pintarán coa cor que máis lle guste. Por último, proxectaremos a obra de Klee e veremos as diferenzas e similitudes coas cores da verdadeira obra. Analizaremos entón o que a cor lle di a cada quen e trataremos  a expresión de sentimentos e emocións a través das diferentes cores.

A cor en Paul Klee.

Nesta actividade imos aprender diversas características da obra do pintor alemán Paul Klee. Despois, cada neno e nena disporá de tres debuxos do autor sen cor algunha e serán eles os que, con diferentes materiais pintarán coa cor que máis lle guste. Por último, proxectaremos a obra de Klee e veremos as diferenzas e similitudes coas cores da verdadeira obra. Analizaremos entón o que a cor lle di a cada quen e trataremos  a expresión de sentimentos e emocións a través das diferentes cores.

Descubrindo ecosistemas

O alumnado de 5ºB de Primaria afondouse no coñecemento dos ecosistemas terrestres e acuáticos durante o terceiro trimestre. Tras coñecer os diversos tipos, os discentes organizados de forma grupal escolleron un ecosistema e indagaron en distintas fontes para posteriormente informar ao resto do alumnado das especies que nel se atopan, as relacións entre os individuos así como as súas formas de alimentación, elaborando como axuda unha presentación en cartolina.

Durante a realización desta actividade, o alumnado desenvolveu a Competencia Científica a través do coñecemento de diversos seres vivos, o seu hábitat, as especies en perigo de extinción así como a importancia de respetar o medio e non interferir e danar os ecosistemas. Asimesmo os discentes desenvolveron a Competencia de Aprender a Aprender, pois eran eles/as mesmos/as quenes debían contrastar diferentes fontes informativas (enciclopedias, documentais de seres vivos, búsqueda na rede...) e ser quen de seleccionar as máis relevantes. Por outra banda a Competencia Lingüística xogou un papel imprescindible como motor transmisor da información, mediante a expresión escrita (na elaboración da presentación da actividade) e a expresión oral a través da comunicación do coñecemento adquirido aos seus compañeiros/as.

Distribuir contido

Igualdade, Convivencia e Inclusión