Igualdade, Convivencia e Inclusión

Sementamos, coidamos e transplantamos

Durante este curso o alumnado de infantil está involucrado nun proxecto de horto escolar. No caso do alumnado de 3 anos, fomos os encargados de sementar e coidar os tomates cherries. Primeiro plantámolos, logo coidámolos e recentemente transplantámolos, levando cada neno e nena o seu tomate para a casa. 

Sementamos, coidamos e transplantamos

Matemáticas divertidas

Quen dixo que sumar e restar non sexa divertido? As nenas e nenos de 6° de educación infantil pasamos unha divertida mañá realizando cálculos mentais sinxelos, sumas, restas e pequenos problemiñas en gran grupo.

Matemáticas divertidas

Reducir, reciclar e reutilizar

O alumnado de 4° de eso coa axuda de Lucía impartiu durante este mes de abril un obradoiro de reciclaxe ao alumnado de infantil. Os nenos e nenas explicáronlle a importancia das tres “R”, onde se tira cada tipo de residuo e tamén sobre a importancia de coidar o planeta. Aprenderon moitísimo!

Reducir, reciclar e reutilizar

Día da paz

Para a celebración do día da paz o alumnado de 6° representou para os nenos e nenas de infantil o conto “Negros e brancos”. O intercambio entre nenos de diferentes idades favorece a convivencia a nivel de centro e pequenos e grandes desfrutan un montón! 

Día da paz

Xogo compartido

O xogo simbólico é unha das fontes de aprendizaxe máis importantes na etapa lnfantil, máis cando se enriquece o intercambio con alumnos e alumnas de distintas idades. Na foto, o alumnado de 4° e 6° de infantil, compartindo xogo e aprendizaxe, e polo tanto, aprendendo a convivir. Esperamos que vos guste!

Xogo compartido

Os planetas

O alumnado de 5º de primaria estudou durante o mes de xaneiro o sistema solar. Durante unha sesión baixaron as súas maquetas e explicáronlle ao alumnado de infantil todas as súas peculiaridades. Estaban encantados! Na foto podedes ver o alumnado de 3 anos!

Os planetas

Braulio Bolechas en A Silva!

Ola amigas e amigos do Cernadas de Castro!

Temos unha boa nova! Braulio Bolechas achegouse ao noso cole para gravar o seu programa Braulio Tuber! Para iso elixiu aos nenos e nenas de 1º de Primaria, que lle ensinaron mooooitas cousas sobre a Revolución Industrial.

As pequenas e pequenos parece que naceran cunha cámara diante do ben que se desenvolven e co simpáticos que están!

Non volo perdades, picade no enlace de aquí abaixo e aproveitade para coñecer como foi a Revolución Industrial!

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/braulio-tuber-ii-24-4072338?t=11

 

Visita á granxa de vacas!

Hoxe o alumnado de 4º e 6° de infantil visitou a granxa Sat Busto- Corzón na Picota. Jose Antonio e José Manuel explicáronlle aos pequenos e pequenas o funcionamento da granxa, o coidado e muxido das vacas e ensináronlle toda a maquinaria. Para nós supón un peche de proxecto perfecto, xa que os nenos e nenas puideron vivenciar e coñecer de primeira man todo o aprendido neste trimestre.

Visita á granxa de vacas!
Distribuir contido

Igualdade, Convivencia e Inclusión