Igualdade, Convivencia e Inclusión

Benvida!!

 

Revista de Historia - 2ª entrega - 4º ESO

 

Clica na imaxe seguinte para acceder á 2ª entrega da Revista de Historia elaborada polo alumnado de 4º ESO. Grazas por seguirnos!!

 

On joue? Xogamos? : Saute Mouton (Pídola) et La Chaise (A silla da Raíña)

O 18 de febreiro estivemos de novo no patio para lembrar un par de xogos tradicionais: A pídola, que consiste en saltar sobre un compañeiro/a e a Silliña da Raíña, na que dúas persoas pasean a outra ó ritmo dunha cancionciña ata que a canción remata e a deixan caer... suavemente!! Aquí tedes as fotos para ver o ben que o pasamos:

Saute mouton - pídola

Saute mouton ou Pídola

A silliña da Raíña

La Chaise ou Silliña da Raíña

 

Primeiro número de Historia. 1º Trimestre - Revista dixital

Publicamos, tarde, pero publicamos! O primeiro número da revista dixital de Historia do centro, correspondente co primeiro trimestre.

Os redactores e editores foron as alumnas e alumnos de 3º da ESO, e os contidos céntranse no século XVI. (click na imaxe para acceder á revista)

 

On joue? Xogamos? : Les Cerceaux - Os Aros

Pasar polo aro

Este martes 11 de febreiro o xogo que tocaba foi xogar aos Aros. Fixemos dous xogos: o primeiro consistía en facer unha roda e pasar por medio do aro cada un dos membros da roda. O segundo consistía en un xogo parecido ás sillas musicais. Mentres cantabamos unha canción dun lobo camiñabamos arredor dos aros e cando o lobo saía da cova a pillar había que refuxiarse nun aro. O/A  que quedaba sen aro era eliminado/a.

Aros musicais

Distribuir contido

Igualdade, Convivencia e Inclusión