Mellora da convivencia

Xornada de Sensibilización sobre as Enfermidades Mentais

    O alumnado de 4º da ESO participou nunha Xornada de Sensibilización sobre as Enfermidades Mentais, impartida pola asociación A Creba. Nela tratouse de facerlle ver ao alumnado que as persoas con enfermidades mentais sofren unha patoloxía similar a outros enfermos crónicos, no sentido de que, despois dun correcto diagnóstico, poden levar unha vida normal en sociedade coa axuda da medicación. Non levan pois, unha etiqueta identificativa na súa fronte, e calquera persoa pode chegar a padecer unha enfermidade mental.

Xornada de Sensibilización sobre a Discapacidade e o Deporte Adaptado

Nesta ocasión o alumnado de 4º da ESO tivo unha xornada sobre deporte e discapacidade. Foi impartida por ADECO-DEA en colaboración coa asociación MISELA. Nela interviu o presidente de ADECO-DEA, José Barrio, quen relatou as súas propias vivencias no eido do deporte adaptado. Tamén interviron outras profesionais, como unha psicóloga e unha terapeuta ocupacional, que se encargaron de dar unha visión detallada dos beneficios do deporte a nivel psicolóxico e terapeútico.

Prevención do acoso escolar

      No segundo trimestre desenvolveuse unha xornada informativa co alumnado de 3º da ESO destinada á prevención do acoso escolar e mellora da convivencia no noso centro educativo.

  

Prevención da Violencia de Xénero e Doméstica

     Con motivo da celebración do día Internacional contra a Violencia de Xénero, celebrado o 25 de novembro, o alumnado de 2º e 3º da ESO recibiu unha charla da Garda Civil na que se lle informou dos principais indicadores de violencia e control cara as mulleres, especialmente na adolescencia.

 

 

Escola de alimentación Eroski

Fai uns días fomos, xunto cos nenos de 1º e 2ºB, ó hipermercado Eroski de Noia  a facer un taller sobre a alimentación saúdable.

Visita Rasi

 Fai uns días tivemos unha visita moi especial; o esquío Rasi. Bailou e xogou con nós e trouxonos uns agasallos: un caderno para colorear e unha cestiñas con ovos de chocolate para celebrar a Pascua. Fíxonos moita ilusión coñecelo!

 

Distribuir contido

Igualdade, Convivencia e Inclusión