convivencia

Entroido

Fai uns días festexamos o Entroido, estivemos traballando nos nosos disfraces. A temática do centro elexida foron As Cilivicacións e Culturas. As aulas de 2ºA e 2ºB decantámonos polos africanos. Este foi o resultado.

Excursión ao MUNCYT.

O 15 de febreiro ao alumnado de 1º e 2º de Primaria fomos o Museo Nacional da Tecnoloxía e das Ciencias da Coruña.

Miniconcerto.

Tivemos a sorte que unha compañeira da nosa clase, Lena Carmona deu un pequeno concerto de frauta para os compañeiros e compañeiras da nosa clase. Tocou entre otras pezas: Noite de Paz, Estreliña onde estás e Un elefante.

 

TALLER DE EMOCIÓNS

Durante unhas semanas os nenos de 2º participamos nun taller sobre as emocións, que nos permitiu coñecernos un pouco mellor.

O Entroido.

Os alumnos de 1ºB depois de traballar coa regla numérica coas matemáticas manipulativas e os oficios dentro da área de sociais pasaron a elaborar o traxe de modistas e sastres para o desfile do Entroido xunto coa clase de 1ºA. Este foi o resultado.

As súas normas.

Na clase de 1ºA estamos iniciándomos no traballo cooperativo. Coa dinámica do grupo nominal, entre os diferentes grupos base propuxeron as normas que querían para a convivencia diaria. Logo todas foron aportadas na pizarra e por grupos tiveron que votalas. 

As normas que guiaron a nosa aula durante este trimestre foron:

Visita guiada a exposición de mapas de ESO

O alumnado da ESO estiveron facendo un fantástico traballo sobre os mapas de todo tipo, os nenos e nenas de 1ºA participamos na exposión guiada polo propio alumnado de secundaria. 

Visita inesperada.

Unha compañeira da nosa clase, Lena trouxo un para de parrulos. Estiveron convivendo cos nenos e nenas de 1ºA durante toda a mañá. Estudiamos o seu comportamento, o que comen, as súas plumas, o que beben, que nacen por ovos...

Ademáis de todos iso, tivemos que estar caladiños porque os parrulos durmiron varias veces e non queríamos despertalos.

Distribuir contido

Igualdade, Convivencia e Inclusión