convivencia

Acollida dos nenos e nenas de Infantil en Primaria.

Os alumnos e alumnas de 2º de Primaria levan acabo varias sesións como mestres dos nenos e nenas de Educación Infantil que serán compañeiros o próximo curso escolar. Fixemos actividades de plástica, matemáticas da man da nosa máquina Manolita, xogos, grafomotricidade...

 

Celebramos os aniversarios!

Coa colaboración das familias festexamos os aniversarios dos nenos e nenas de 4 anos. Esta experiencia tan enriquecedora constitúe unha oportunidade de convivencia favorecendo vínculos afectivos entre o grupo e coas familias.

Celebramos os aniversarios!

Tela de araña

Neste curso e unha vez máis, os nenos e nenas de 4 anos estamos a traballar mediante a metodoloxía de aprendizaxe cooperativa. Na foto, estamos a facer a dinámica da tela de araña, que se basea na idea de que somos todos e todas importantes para sostela, reforzando a idea de sentimento de grupo, sendo a colaboración de cadaquen imprescindible.

Tela de araña

Proxecto pitiños

Coa colaborciòn de tòdolos que formamos parteda vida da vida da aula incubamos pitiños. Cada dia un grupo de nenos era o encargado e responsable de botarlle auga a incubadora, ver a humidade necesaria e a temperatura adecuada para que o proceso de incubación chegue ao seu fin con éxito. Unha vez que nacen, son os responsables por quendas de darlle de comer, beber e coidar que teñan a luz de calor acesa.

Proxecto pitiños

Falar sen palabras

Aproveitando que en Educación infantil estamos a traballar os animais, traballamos hoxe co conto “Non fai falta a voz”. Nel van aparecendo moitos animais cos seus respectivos sons, incluída a xirafa, a que co seu longo pescozo non precisa da voz para agarimar á súa cría. 

Falamos das diferentes formas de decir que nos queremos sen usar palabras e saíron ideas como dar apertas, bicos, aloumiños....Na foto, dous nenos de 4 anos dándose unha aperta.

Falar sen palabras

NADAL

Grazas a unha alumna de Secundaria que se ofreceu de voluntaria os nen@s de infantil tiveron un paxe a quen poder entregarlle as suas cartas para que llas levase ós Reis Magos.

NADAL
Distribuir contido

Igualdade, Convivencia e Inclusión