convivencia

Visita ao Aeródromo Militar de Santiago.

O 26 de abril 1ºA e 1ºB fomos ao Aeródromo Militar de Santiago. Aproveitando que estabamos co Proxecto dos Medios de Transporte fixemos un pequeno recorrido. Saímos do centro en autobús ata a Estación de Autobuses de Noia que nos levou ata a Estación de Ferrocarril de Padrón con dirección Santiago de Compostela. De alí ata Lavacolla ao Aeródromo Militar. Utilizamos dous medios de transporte públicos e no Aeródromo entramos dentro dunha avioneta pequena, xogamos a conducila.

Panadeiros e panadeiras

Os alumnas e alumnos das aulas de 1º A e 1º B tiveron un papel moi importante na II Feria tradicional do CPI Cernadas de Castro. Estiveron rotando para atender o posto dos bolos preñados de chourizo, coa guia das súas titoras. Moitos clientes felicitaronnos polo bo facer.

Arte solidario en Infantil B

Vimos de visitar a exposición dos compañeir@as de Infantil B. 

Algúns dos compañeiros de Infantil B  (Pedro, Alejandro, Roi, Leo e Ramón) guiáronnos ao longo da exposición axudados da profe Ana.

A exposición consta de tres partes.

  • A primeira parte da visita realízase fóra da aula, onde hai un mural enorme no que explícan o que é ser un refuxiado e o traballo que realiza a ONG Save de Children.
  • A segunda parte realízase dentro da aula, onde se poden ver numerosas interpretacións de cadros famosos feitos polos máis pequenos. Ademais durante a visita vannos contantdo curiosidades acerca da súa elaboración.
  • Finalmente, a visita remata cunha venda solidaria a favor de Save de Children. Os autores dos cadros fan unha factura e cobran o diñeiro aos visitantes que desexen mercar. 

 

Día da Muller

Polo Día da Muller o alumnado de 5º fixo un mural coa biografía dalgunhas mulleres célebres ao longo da historia.

Tarde de convivencia

Adecentamos xunto aos compañeiros de 5ºB unha zona do patio de Primaria, plantando distintas flores de tempada. Entre todos colaboramos: fixemos buracos, plantamos, limpamos a zona, regamos... 

Rematamos a tarde xogando xuntos.

Distribuir contido

Igualdade, Convivencia e Inclusión