CP Innova

Revista de Historia - 2ª entrega - 4º ESO

 

Clica na imaxe seguinte para acceder á 2ª entrega da Revista de Historia elaborada polo alumnado de 4º ESO. Grazas por seguirnos!!

 

Primeiro número de Historia. 1º Trimestre - Revista dixital

Publicamos, tarde, pero publicamos! O primeiro número da revista dixital de Historia do centro, correspondente co primeiro trimestre.

Os redactores e editores foron as alumnas e alumnos de 3º da ESO, e os contidos céntranse no século XVI. (click na imaxe para acceder á revista)

 

Alimentación vexetal!

                                   

 

Os alumnos de 3º de primaria quixemos investigar como se alimenta unha planta. Para elo collemos dúas flores brancas e metémolas en auga con colorante e observamos o que foi pasando ao longo da semana. Deixamos aquí os resultados!

 

                            

                            

                            

                            

separación de residuos no centro educativo

CONSUMO RESPONSABLE . fUNDACIÓN JANE GOODALL

CAMPAÑA DE RECICLAXE "MOVILÍZATE POLA SELVA"envío de móviles en desuso

O CICLO DA AUGA

Para entender o ciclo da auga, fixemos por grupos, unha representación nunha bolsa transparente. Debuxamos  os elementos naturais que interveñen no proceso, dende a evaporación ata a condensación. Logo enchemos as bolsas de auga e colocámolas nas fiestras da clase. Agora, todos os días podemos comprobar como o ciclo se repite unha e outra vez, como se forman as pingas de auga logo de evaporarse, e como outra vez esta volve á súa orixe.

PLANETARIO 2ºA

Os nenos e nenas de 2ºA estudamos o universo e todos os seus elementos. Con todo o que aprendemos, decidimos construir un planetario para a nosa aula. Reutilizamos cartón para facer os planetas, a lúa e o sol; buscamos información e curiosidades sobre cada un deles e...asi nos quedou!!!

PLANETARIO 2ºA

Creamos vídeos educativos

O alumnado en pequeno grupo, organizouse e elaboraron  un vídeo educativo para os seus compañeiros. Tiveron que buscar, resumir, estruturar, organizar... información para poder conseguir un resultado que agradase a todos.

Exposición de maquetas das células eucariotas

Os alumnos e alumnas de 5ºA de Educación Primaria realizaron cadansúas maquetas das células eucariotas animais e vexetais e expuxeron o seu traballo na Biblioteca. Convidaron aos rapaces e rapazas de cuarto de Educación Primaria para compartir con eles o que aprenderon e aproveitaron para ensinarlles algúns dos fondos documentais que poden atopar na nosa Bibilioteca que falan sobre as células.

Podes ver as imaxes da exposición aquí.

Distribuir contido