Reunión informativa coas familias
A Dirección do CPI A Xunqueira convoca ás familias a unha reunión informativa de principio de curso, que terá lugar no ximnasio, co seguinte horario:
Etapa |
Data e hora |
E. Infantil |
Xoves 6 de outubro ás 16:00 |
E. Primaria |
Xoves 6 de outubro ás 17:00 |
E. Secundaria |
Martes 4 de outubro ás 18:10 |
Agradecemos de antemán a vosa presenza.
Contratación do servizo de xestión e explotación da cafetería. Curso 2016/17
Como en cursos anteriores ábrese o proceso para proceder á contratación do servizo de xestión e explotación da cafetería en centros docentes non universitarios dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Calquer empresa ou persoa que cumpra cos requisitos poderá facer unha oferta para este contrato.
Neste enlace atópase toda a información e documentación relativa a este proceso.
A oferta presentaráse na Secretaría do centro do 2 ao 22 de xuño de 2016
Fondolibros
Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar para alumnado matriculado en primaria, secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/2017
CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL: Acción de verán 2016.
A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, leva a cabo a promoción e organización de actividades destinadas á xuventude no ámbito do ocio e do tempo libre, para o que oferta unha programación de actividades para o ano 2016.
A información sobre a convocatoria desta campaña atoparase detallada na páxina: Acción de Verán 2016
Para consultar o DOG preme aquí
Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2016, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos
No portal da Consellería de cultura, educación e OU atópase toda a información sobre ditas axudas; podedes acceder premendo no seguinte enlace.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- seguinte ›
- última »