Orientación

AFRONTAMENTO DO PROCESO DE DESCONFINAMENTO

Estimadas familias e alumnado:

 

Despois deste proceso de confinamento parece que pouco a pouco imos chagando a denominada "nova normalidade". No seguinte enlace a esta publicación podedes descargar unha guía do Colexio Oficial de Psicólogos de Madrid para afrontar este proceso, no cal nos verbaliza sensacións, emocións, sentimentos... que poden aparecer durante este proceso e como aproveitalos para crecer e aprender¡¡¡¡

Espero que teñades un bo verán e lembrade que estou ao voso dispor no correo: benignovales@cpiaxunqueira.com

 

XOGAMOS AO PARCHÍS E MOVÉMONOS UN ANACO¡¡¡¡

Estimadas familias e alumnado:

No seguinte enlace deixámosvos o xogo do parchís do autor Miguel Ángel Azorín¡¡¡ É un parchís pouco convencional xa que en cada casiña hai un reto físico e o mellor: Pode xogar toda a familia¡¡¡¡¡¡

 

Animádevos a xogar... Clicade na imaxe e levaravos ao xogo:

 


 

 

 

PASENIÑO, PASENIÑO.....IMOS SAÍNDO Á RÚA

Estimadas Familias:

 

Anexo a esta publicación deixamos dúas infografías /contos coas que lle podemos explicar aos mais peques a saída progresiva que iniciaremos este domingo.... Disfrutádea e con moita precaución¡¡¡¡¡

 

Esperamos o estedes levando o mellor posible....

 

Saúdos

TEST e CUESTIONARIOS de ORIENTACIÓN VOCACIONAL e PROFESIONAL

Querido alumnado de 3º e 4º da ESO :

A continuación deixovos uns enlaces a cuestionarios e test de orientación vocacional que iremos facendo estes días de acordo, con instrucións que vos darei por mail...

Son os seguintes:

ESCOLLER CARREIRA

QUE VAS ESTUDAR???

TEST DE INTERESES UNIVERSITARIOS

NON SEI QUE ESTUDAR...

IVVO

BUSCA O TEU CAMIÑO

CUESTIONARIO ORIENTACIÓN PROFESIONAL

INTERESES PROFESIONAIS

TEST E GUÍA FUTURO PROFESIONAL

PROXECTO ORION

TEST FP

TEST BAC

TEST ORIENTACIÓN VOCACIONAL

 

Espero que estedes levando ben esta situación e tentade sacar o positivo da mesma, se podedes: momentos para coñecervos, pensar e facer outras cousas... e lembrade que sempre podedes contactar comigo no meu correo benignovales@cpiaxunqueira.com

PÁXINA DE RECURSOS DO EQUIPO DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE PARA CONSULTA DAS FAMILIAS

Moi boas familias:

 

Dende o Equipo de Atención á Diversidade (as compañeiras de PT e AL de Infantil e Primaria), están a elaborar un banco de recursos para que teñades a man, aue traballa distintos temas: percepción visual, lectura, expresión oral........ Eiquí tedes o enlace:

 Recursos para traballar dende a aula.

 

 

Queríamosvos trasladar a importancia de buscar momentos en familia, exercicio físico (dentro do posible), comunicación coa xentiña da casa e cos amigos aproveitando as tecnoloxías (SKYPE, Whatsapp, Videochamadas...) e non agobiarse en exceso coas tarefas, pero si se pode marcar unhas rutinas onde un tempo o día as recolla, e tamén a lectura.

 

Saúdos e moito ánimo

ORIENTACIÓNS PARA A XESTIÓN DA CORENTENA #EUFICONACASA #QUEDADEVOSNACASA

Estimadas familias:

Deixámosvos un enlace con orientacións para a xestión psicolóxica para a corentena polo coronavirus, publicadas polo colexio oficial de psicólogos da Comunidade de Madrid:

https://www.copmadrid.org/web/files/comunicacion/Orientaciones_para_la_gestion_psicologica_de_la_cuarentena_por_el_Coronavirus.pdf

Tamén para os nosos e as nosas alumnos e alumnas mais pequenos (Infantil e primeiros cursos de Primaria), deixamos un enlace ao conto: " Rosa contra o virus" , que nos pode axudar a explicar esta situación aos mais pequenos dun xeito positivo:

https://www.copmadrid.org/web/img_db/publicaciones/rosa-contra-el-virus-cuento-para-explicar-a-los-ninos-y-ninas-el-coronavirus-y-otros-posibles-virus-5e6b7f9370fb1.pdf

 

Recibide un cordial saúdo e ante calquera dúbida, eiquí estamos para o que precisedes. 

RECOMENDACIÓNS DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CPI A XUNQUEIRA DURANTE ESTE PERIODO EXCEPCIONAL #EUFICONACASA #QUEDADEVOSNACASA

Estimadas familias e alumnos_as:

 

Querémosvos enviar un saúdo moi grande dende o D.O. do CPI A Xunqueira e darvos moitos ánimos nesta excepcional situación. Pero lembremos que en xaponés crise significa oportunidade...oportunidade de coñecer unha nova situación, unha nova rutina, e porque non… apreciar o que tiñamos e o que teremos….porque sairemos adiante, sen dúbida!!!!

Debido ao actual mandato do goberno español todas as persoas que non realicen determinadas actividades deberán permanecer en corentena no seu domicilio e isto inclúe aos nosos nenos, nenas, rapaces e rapazas. Para esto é fundamental regular unha rutina que alterne diversas actividades físicas, académicas deportivas, de pasar tempo en familia….. sempre con flexibilidade, tal e coma a situación o permita. Deste xeito sería positivo:

 

  • Marcar un horario, que cada familia deberá adaptar as súas costumes, pero que debería incluír unha hora fixa de erguerse pola mañá (que pode ser mais flexible que a habitual, no periodo escolar), unha mesma hora de acostarse e con actividades programadas.

  • Pode ser un momento excepcional para fomentar a autonomía nos nosos nenos e nenas, a partir de agora e durante un tempo pasarán moito tempo na casa, pode ser unha boa excusa para asignarlle determinadas actividades que sexan da súa responsabilidade: recoller a habitación, a súa roupa, colaborar na limpeza da habitación, axudar en tarefas da casa……

  • Non descuidedes a actividade académica!!! Os profes do CPI A Xunqueira prepararanvos unha serie de actividades on line para non perder o fío do aprendido ata agora. Marcade un tempo diario e continuo de traballo e con descansos pautados.

  •  No día a día escolar adicamos media hora diaria a lectura… Por favor continuade con este gran hábito que mellora as funcións executivas mentais e enriquece o espirito dos nosos alumnos e alumnas.

  • Adicade un tempo diario a actividade física no marco das vosas posibilidades con xogos, obstáculos, exercicios aeróbicos, baile na casa…. poden ser momentos divertidos en familia, que axuden a unir lazos.

  • #Quedadevosnacasa , pero lembrade iso non é incompatible coas interaccións sociais : o whats app, skipe, … e outras plataformas permiten videoconferencias con familia e amigos, o cal é positivo para eles e para vós.

  • De igual modo as tecnoloxías da información nos dan moitas posibilidades para presenciar actividades culturais dende a nosa casa (en seguintes bloques darémosvos distintas opcións levadas a cabo na actualidade).

  • Recuperade xogos de mesa e cartas para traballar o enxeño e cultivar lazos familiares: parchís, oca, brisca, monopoli…..

  • Lembrádevos de xogos que traballan a intelixencia espazo - temporal tan importante no desenvolvemento coma  o tangram, puzzles, legos…. algúns deles pódense fabricar na casa con tutoriais de internet: https://www.youtube.com/watch?v=rHRa0q4oUT4 .

  • Proporcionámosvos algunha app que pode ser do voso interese, para apple e android.

 

A continuación, deixámosvos unha serie de enlaces na rede, exemplos de actividades.. para traballar na casa e estar entretidos aproveitando esta nova situación da que sen dúbida sacaredes cousas positivas:

 

ACTIVIDADE ACADÉMICA:

 

https://www.orientacionandujar.es/2016/10/19/actividades-infantil-preescolar-10-cuadernillos-200-fichas-material-aprendizaje/?fbclid=IwAR2s0zLER8Qv1Pq0CMW_153UEv7DghOi8gKsU96jZ9V9fScdynGxvtWbdoM




ACTIVIDADE FÍSICA:

 



ENTRETEMENTO:

 

https://www.educaciontrespuntocero.com/recursos/las-mejores-visitas-virtuales/

  • Contacontos con Beatriz Montero:

https://www.youtube.com/user/BeatrizMontero

  • Contos con pictogramas (acceso a información pola ruta visual):

https://aprendicesvisuales.com/p/cuentos_aprendicesvisuales/

  • A nivel de actividades propomos:

    • Xogos educativos: memory, puzzles, a oca, o parchís, dominó, “¿qué tengo en el coco?”, tres en raia, palabras encadeadas…

    • A partir de contos ou lecturas que teñan na casa, que creen personaxes novos para os contos, que cambien o final da historia, que describan os personaxes e os fagan con materiais como cartolinas, goma eva, fieltro…

 

    • Cociñar en familia: buscar una receita que lles guste, que a escriba nun papel e logo a elaboren en familia. Cando volvan ao colexio, que conten aos seus compañeiros a súa experiencia e lles ensinen o resultado con fotos sobre o proceso.

    • Disfrazarse: coa roupa que teñan no armario que combinen diferentes cores, estilos e tamaños de prendas, que se poñan sombreiros, perrucas, gafas....

    • Adiviñar películas a través de mímica, imaxinación e diversión.

    • Realizar collages, con xornais ou revistas vellas que teñan na casa.

    • Pintar ao ritmo da música ou cos ollos pechados.

    • Realizar xogos e manualidades: a continuación tedes unha canle de YouTube, que vos pode dar ideas:  Don Lu https://youtu.be/qlw4feTmBzA

    • Realizar experimentos educativos coma : 

      • Arte con xiz. A actividade consiste en pintar sal con xiz de cores. A idea é que todo o fagan eles/as e só intervir se necesitan a nosa axuda.

Botar un puñado de sal en diferentes recipientes e elixir un xiz (ou varios) para tinguir cada un deles.

Unha vez tinguida hai que botala en pequenas cantidades no bote con tapa para ir creando a nosa composición final.

      • Crear tinta invisible: xoga a los detectives cos teus filjos/as creando mensaxes secretas que so os mellores investigadores poderán resolver. Aos nenos lles sorprenderá saber como algúns alimentos permiten crear tinta máxica. O material que necesitas é o seguinte: 

Pincel ou bastonciño de algodón

Papel branco

Limón

Auga

Pasos a seguir:

  1. Exprime o zume de limón nun cuenco e engade unha cullerada de auga.

  2. Mestura e, coa axuda dun bastonciño o pincel, escribe a túa mensaxe no papel.

  3. Deixa secar.

  4. Pon unha candea debaixo (sen poner o papel demasiado preto) e poderás ler a mensaxe.

Explicación: O zume de limón se oxida e se pon de cor marrón cando se quenta, por iso podes ler a mensaxe. Ademais de limón podes usar zume de laranxa, mel diluida en auga, leite e vinagre.



APP’S EDUCATIVAS:

Eiquí tedes un exemplo de múltiples app´s de uso educativo:

  • Academons Primaria. Acceso gratis durante 30 días a todo o seu catálogo de xogos de Matemáticas, Lingua, Inglés, Ciencias e Science

https://play.google.com/store/apps/details?id=com.cerebritiapp&hl=es

  • Ta-tum: do grupo da editorial Edelvives, ofrece acceso gratuito a esta plataforma para o fomento da lectura.

https://play.google.com/store/apps/details?id=com.oc.booklibrary&hl=es

  • Smartick: para repasar as Matemáticas dedicándolle so 15 minutos ao día.

https://play.google.com/store/apps/details?id=com.mobile.android.smartick&hl=es

  • Genially: para facer presentacións interactivas, infografías, mapas mentais...

https://www.genial.ly/es

  • AMCO: a través da aplicación Eduzland, se propón un programa curricular de aprendizaxe en formato de videoxogo para traballar Lingua Castelá e Matemáticas.

https://play.google.com/store/apps/details?id=com.KaijuGames.Alpha_eduZland&hl=es_419

  • Smile and learn: a través desta app os nenos entrenan as sus intelixencias múltiples e capacidades cognitivas mentres se divirten a través de xogos e contos. 

https://play.google.com/store/apps/details?id=net.smileandlearn.library&hl=es

  • Celebriti Edu: ofrece xogos gratis ata final de curso, tanto para a etapa de Educación Primaria como para Secundaria.

https://edu.cerebriti.com/

  • Pupitre: versión dixital de Vacacións Santillana dispoñible para dous rangos de idade. De 3 a 5 anos fomenta o desenvolvemento de habilidades e destrezas básicas. De 6 a 11 anos se centra en Matemáticas, Lingua, Ciencia, Inglés e Arte.

https://play.google.com/store/apps/details?id=com.santillana.pupitre&hl=en_US

  • MARS:SM ofrece gratis a súa plataforma M.A.R.S, dirixida a alumnos de Primaria, na que os escolares poderán repasar e reforzar as materias con contido lúdico e libros de lectura.



APP’S EDUCATIVAS (XOGOS):

 

  • Quick Brain - Cálculo mental

  • Xogos de memoria

  • Xogos de Matemáticas - Enigma

  • Brain Blow

  • Xogo puzle de cores - Fondo colorido gratuito

  • 2048

  • SUDOKU - TheSudoku.com

  • Two Dots

  • Buscaminas Clásico: Retro

  • Podes escapar da habitación 100 X

  • Polygrams - Xogos de rompecabezas 2020 gratis

  • Mahjong

  • Flow Water Fountain 3D Puzzle - Flujo Agua Fuente

  • "Encuentra las diferencias" - más de 750 niveles

  • Laberintos e máis

  • Fontanero 3

  • Tetris

 

Isto non queda aquí seguimos en contacto. Aproveitamos dende o D.O. do CPI A Xunqueira para darvos un forte saúdo e decirvos que vos estaremos acompañando. Estamos permanentemente en contacto nos mails:

benignovales@cpiaxunqueira.comclaralopez@cpiaxunqueira.comcristinafernandez@cpiaxunqueira.com,  gloriagomez@cpiaxunqueira.com e bertablanco@cpiaxunqueira.com , non dubidedes en contactar connosco.

 

Recibide un saúdo moi especial de Cris, Clara, Gloria, Berta e Beni.

3ª Sesión Quérote +

A pasada semana levamos a cabo a 3ª sesión do programa Quérote + dende as clases de Lingua Galega e Lingua Francesa, o resultado foi enriquecedor e espectacular, as 2 clases de 3º da ESO traballaron conxuntamente na elaboración dun mural co rezo: Desexo e Identidade Sexual.

Nesta sesión aclaráronse aspectos relativos ao desexo e a identidade sexual, e analizáronse e diferenciáronse para comprender e profundizar nos procesos de sexuación.

Acordamos despois desta sesión, por parte do alumnado de 3º da ESO que: A convivencia e o respecto en xeral son fundamentais para construir un mundo mellor, e particularmente é fundamental respectar ao individuo e a súa identidade e orientación sexual.

Acabamos realizando un cartaz con este principio, titulado: Desexo e Identidade sexual.

A continuación podedes ver fotos das sesións:

 

2ª Sesión Quérote +

Hoxe levamos a cabo a 2ª sesión sobre o programa Quérote + sobre a Educación sexual.

Falamos dos procesos de sexuación natural de mozos e mozas, coa exposición de varios videos sobre o tema e posterior discusión dos mesmos...

 

 

Discutimos sobre as diferentes visión de vivir a vida e a sexualidade, e a importancia da empatía coas persoas, coa visión do mundo e de nós mesmos...

 

E por último fixemos unha posta en común e reflexión , con preguntas confidenciais, sobre as dúbidas que poden existir respecto das relacións entre as persoas e as prácticas eróticas.

 

Interesantes reflexións e gran traballo sobre a importancia do enfoque e puntos de vista persoais: Como miro o mundo é como o sinto¡¡¡

 

QUÉROTE + 1º Sesión

Hoxe, día 11 de decembro de 2019, presentamos o recurso Quérote + ao alumnado, do cal se falou previamente nas distintas aulas. Expuxemos que os centros Quérote + dependen da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, e son un recurso moi útil para todas as dúbidas que un alumno nesta idade pode presentar respecto ao seu desenvolvemento sexual, coma parte do crecemento do ser humano,a súa evolución social e coma persoa de xeito íntegro. Acordamos desenvolver todas as unidades do programa ao longo do curso, e realizouse unha pequena introducción de cada unha dentro da importancia do programa e a última que será o traballo final.

Ademais destacouse a importancia do recurso que dá a páxina web do Quérote +, respecto as consultas que o alumnado pode realizar dun xeito totalmente confidencial, e fixemos unha consulta coma clase de 3º da ESO do CPI a Xunqueira..... Destacamos as vías de comunicación co Querote Mais:

- Presencial e Telefónica: Quérote+ A Coruña.  Avd. Linares Rivas ,28 8o Teléfono: 981 223 913

 

- Consultoría a través da web: http://xuventude.xunta.es/querote-mais

- Consultoría a través de Whatsapp e Telegram: 647018752

- Consultoría a través de videochamada e Hangout. querotemais.videochamada

Foi unha sesión divertida, e onde surxiron moitas dúbidas e inquedanzas....

Distribuir contido