Relación de material escolar para o 3º ciclo de primaria
Na seguinte ligazón pódese acceder á relación do material escolar recomendado para o alumnado do terceiro ciclo de primaria (5º e 6º)
Inicio do curso 23/24
As clases comezarán para todos os niveis educativos o luns 11 de setembro ás 08:45 horas.
ENTRADA
Ed Infantil
As familias acompañan ao alumnado ata o porche.
As mestras abren as portas ás 08:50 e recollen ao alumnado.
Ed Primaria
O alumnado colocarase en filas no porche entre as 08:30 e as 08:45.
As filas xa están marcadas no chan diante da porta de acceso.
As familias deben esperar fora do porche para unha boa organización.
ESO
O alumnado entrará directamente ao ximnasio pola porta lateral entre as 08:30 e as 08:45.
As familias non entran ao recinto.
SAIDAS
A saída en infantil será ás 13:35, e as familias entrarán ata o porche onde as titoras farán entrega dos nenos e nenas.
O resto do alumado sairá ás 13:45.
Ao alumnado de primaria o entregarán os titores ás familias na porta lateral da avenida do mar; pregamos que non entren ao recinto para facilitar a entrega.
O alumnado da ESO sairá so sempre que así o teña autorizado a familia.
Todo o equipo docente e non docente do centro deséxavos un feliz curso curso 23/24
Mocidade Activa
Programa Mocidade Activa
dirixido ao alumnado con idades comprendidas entre os 11 e 16 anos.
AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR
PRAZO: Ata o 21 de xuño de 2023
As solicitudes presentaránse preferentemente por vía electrónica:
1º xerar a solicitude na aplicación informática “fondolibros” (https://www.edu.xunta.es/fondolibros)
2º presentar a documentación a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Tamén se poderá presentar a solicitude presencialmente no centro.
OFERTAMOS A POSIBILIDADE DE CUBRIR A SOLICITUDE NO CENTRO (igual que nos cursos pasados), para isto deberá pedir cita antes do día 2 de xuño.
A partir dese día serán as familias as encargadas de cubrir as solicitudes.
Nos cursos 5º e 6º de Educación Primaria e 1º, 2º, 3º e 4º de ESO o centro participa no programa EDIXGAL (cada alumno/a terá o seu propio ordenador) e non se pode solicitar préstamo de libros, só se poderá solicitar axuda para material escolar, en caso de corresponder.
Toda a información necesaria atópase na páxina de fondolibros
Atletismo divertido
Os cursos de Primaria do noso cole participarán nas xornadas deportivas organizadas polo Concello de Fene e dentro do programa da Xunta de Galicia “XOGADE: xogando co atletismo”, que se levarán a cabo nas pistas de atletismo do Pazo (Barallobre-Fene). Se as condicións climáticas non son favorables, trasladaríase esta actividade ao pavillón do CEIP O Ramo (Barallobre-Fene). Se este fora o caso se vos avisaría por Abalar.
Nesta actividade participará o alumnado de primaria, dentro do horario lectivo do centro, e acudindo o día que lle corresponde a cada ciclo:
- Martes 18 de abril: 1º e 2º de Primaria.
- Mércores 19 de abril: 3º e 4º de Primaria.
- Xoves 20 de abril: 5º e 6º de Primaria
A hora de saída do centro é as 09:30 e a de regreso ás 13:30.
O gasto de transporte está subvencionado polo que esta actividade é gratuíta.
Ese día deberán traer roupa e calzado deportivo, así como unha mochila pequena cunha botella de auga e merenda, aínda que dende a organización tamén se lles aportará unha botella de auga e unha peza de froita.
Esta actividade está cuberta polo seguro deportivo do programa Xogade.
Pasos a seguir no caso de accidente
