Información sobre os ordenadores Edixgal
Adxuntamos a información sobre a posibilidade de contratar, de xeito voluntario, un seguro para o ordenador edixgal. Dende o centro recomendamos a contratación deste seguro.
Libros de texto curso 2024/25
NOTA: O libro BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 1º ESO OPERACION MUNDO GALICIA da editorial ANAYA con ISBN - 9788414306680
será cedido en préstamo polo centro.
Atención á diversidade e garantía da equidade educativa
Neste curso 23-24 participamos no programa de Atención á diversidade e garantía da equidade educativa, cofinanciado pola Unión Europea.
Axudas para adquirir libros de texto e material escolar
Ábrese o prazo para solicitar axudas para adquirir libros de texto, participar no fondo solidario de libros de texto e material escolar que ven regulado na Orde de 7 de maio de 2024.
O alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de educación primaria ten dereito a solicitar todas estas axudas.
O alumnado de 5º e 6º de primaria e de todos os cursos da ESO está EXCLUíDO da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto, por estar incluído no proxecto educación dixital (E-Dixgal) no curso 2024/25. Non obstante, este alumnado terá dereito á axuda para adquirir material escolar, se reúne os requisitos establecidos.
O prazo para presentar solicitudes rematará o día 21 de xuño de 2024 (incluído).
Toda a información sobre o procedemento de solicitude debe consultarse na páxina de fondolibros.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II), accesible dende a sede electrónica da Xunta de Galicia.
OFERTAMOS A POSIBILIDADE DE CUBRIR A SOLICITUDE NO CENTRO (igual que nos cursos pasados), para isto deberá pedir cita antes do día 7 de xuño e traer fotocopiada toda a documentación que deban presentar.
A partir dese día serán as familias as encargadas de cubrir as solicitudes.
Admisión para o curso 24/25
Todas as solicitudes resultaron admitidas agás en 6º de primaria, curso no que non hai vacantes.
Enquisas do Plan Estratéxico de Mellora (PEM) 2021-2024
Enquisas sobre aspectos relacionados co funcionamento e organización do centro educativo. O obxectivo das mesmas é realizar un PLAN DE MELLORA coas achegas de toda a comunidade educativa.
Por esta razón, solicitámoslles que adiquen un pouco do seu tempo (arredor de 5 minutos) en responder con sinceridade ás enquisas.
A información facilitada será totalmente anónima e utilizada única e exclusivamente coa finalidade anteriormente comentada.
Bolsas de estudos para o curso 24/25
Ábrese o prazo para solicitar as bolsas para estudos non obrigatorios no curso 24/25.
Dirixido ao alumnado que no próximo curso faga bacharelato ou algún ciclo formativo de grao básico, medio ou superior.
Ligazón a información premendo na imaxe.
Calendario do terceiro trimestre
O 20 de maio será non lectivo.
O último día de clase para todos os niveis será día 21 de xuño.