Secundaria

Xornada Informativa

Xornada informativa e de benvida para as familias do alumnado que o curso 23/24 comeza 1º da ESO.

Inicio do curso 21-22 ESO

O comezo das clases na ESO será ás 8:45 h do 15 de setembro.

A entrada irase facendo de xeito ordenado conforme vaian chegando ao centro (no bus ou a pé): subirán á planta superior pola escaleira central e sentarán na súa aula (o grupo pode verse accedendo á app ABALAR) na mesa onde teñen o seu nome. Agardarán a chegada dos titores baixo a supervisión do profesorado de garda.

Deben evitarse agrupamentos tanto no patio como nos arredores do centro.

Benvidos/as ao novo curso!!

Inicio do curso 20-21 para a ESO

Segundo recolle o Protocolo de adaptación ao contexto COVID-19 publicado pola Consellería de Educación é moi importante evitar as aglomeracións nas entradas e saídas dos centros escolares. Isto vai a condicionar as entradas e saídas tanto ao longo do curso coma os primeiros días de clase.

Somos conscientes do trastorno que van causar estes cambios, pero son necesarios para que todo se desenvolva con normalidade. O acceso ao centro será sempre pola porta fronte ao pavillón, agás o alumnado transportado.

O alumnado da ESO entrará pola porta que está fronte ao pavillón. Farao seguindo o horario establecido e mantendo a distancia mínima de 1,5 metros. Unha vez na entrada, accederá ao interior do edificio pola porta central (rotulada con Secundaria). O alumnado usuario do transporte escolar subirá á súa aula cando chegur ao centro.

É moi importante a puntualidade nas entradas pois non debe haber cruce de grupos. Se chegades antes, demorade polos arredores pero non cerca do centro.

Material a traer o primeiro día: unha mascarilla posta; un estoxo cunha mascarilla de reposto, un bote de xel hidroalcólico e panos desbotables. Un bolígrafo ou lapis e un caderno para anotacións; unha mochila para os libros de texto que se lles entregarán. Para o recreo (opcional): gorra e auga (non se poden usar as billas para beber)

Os acompañantes do alumnado non poderán acceder ao recinto (consultade as normas para pais/nais/titores publicadas na web do centro).

 

A incorporación do alumnado da ESO será gradual, seguindo esta táboa:

 

CURSO

ENTRADA

SAÍDA

Mércores 23

1º de ESO

08:50

13:45

2º de ESO

09:00

13:45

Xoves 24

1º e 2º de ESO

De 08:30 a 08:45

13:45

3º de ESO

08:50

13:45

Venres 25

1º, 2º  e 3º de ESO

De 08:30 a 08:45

13:45

4º de ESO

08:50

13:45

 

 

 

 

 

Probas extraordinarias setembro 2020

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Citas co profesorado para revisión de cualificacións

As familias poderán pedir cita para revisións ou reclamacións unha vez realizada a avaliación ordinaria na ESO co/a titor/a ou co profesorado do/a seu/súa fillo/a.

Para isto, poderán utilizar a aplicación do Abalar Móbil (Accións/Citas de titoría) ou enviar un correo electrónico ao profesor/a.

Os correos electrónicos  do profesorado están publicados na Web do centro:

https://www.edu.xunta.gal/centros/cpiaxunqueira/?q=node/204

O profesorado organizará estas entrevistas para os días 25 e 26 de xuño, en horario de 9:30h a 13:30h

Criterios de avaliación e cualificación LOMCE 1º e 3º da ESO curso 2015/16

       
Bioloxía Xeografía e Historia Cultura Clásica Valores éticos

 
   
 
Educación Física  Inglés Física e Química  Francés
       
 Lingua  Castelá  Lingua  Galega  Matemáticas  Música
       
Tecnoloxía   Plástica  Relixión Católica  

Para 2º e 4º da ESO mantemos os criterios do curso pasado.

 

 

 

Distribuir contido