Skip to Content

Actividades

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2019_2020

Este curso será outra vez o Concello o encargado de ofertar as actividades extraescolares

LUGAR DE INSCRICIÓN:

Rexistro do concello: de 9:00 a 14:00h.

Último día de inscricións: 25 de setembro.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

Ficha de inscrición cuberta.

Fotocopia do dni do alumno/a (ou libro de familia).

Volante de empadronamento (soamente no caso de que no dni non poña a dirección de

Valdoviño e para confirmar a residencia no concello).

PRAZAS:

Adxudicaranse por orde de inscrición.

SOLO SE INFORMARÁ AOS ALUMNOS/AS QUE NON OBTIVERAN PRAZA.

En caso de que a demanda supere o número de prazas ofertadas, as prazas asignaranse por orde

segundo a data de inscrición e coa seguinte prioridade:

• 1º Alumnos/as dos centros educativos de Valdoviño e residentes en Valdoviño.

• 2º Nenos/as residentes en Valdoviño.

• 3º Alumnos/as dos centros educativos de Valdoviño e residentes fóra de Valdoviño.

• 4º Nenos/as residentes fóra de Valdoviño.

En caso de prazas libres ou baixas na actividade solicitada, poderán realizarse inscripcións durante

o curso.

As actividades que non teñan un número mínimo de prazas cubertas se anularán.

DURACIÓN DO CURSO: de outubro a maio.

Non haberá actividades os días festivos e nos periodos de vacacións do calendario escolar.

BAIXAS:

Coa firma da ficha de inscrición o alumno/a inscríbese para todo o curso, de outubro a maio.

En caso de querer darse de baixa na actividade deben informar ó concello, por correo

electrónico(deportes@concellodevaldovino.com) ou cun escrito presentado no rexistro municipal.

CUOTA MENSUAL : 10€/mes por cada actividade.

Excepto a actividade de PISCINA que será de 27€ (inclúe o desprazamento).

FORMAS DE PAGO:

Coa inscrición entregarase unha folla informativa sobre as formas de pago.

Coa firma da ficha de inscrición os pais/nais dos alumnos/as comprométense a realizar o pago da

actividade nos 7 primeiros días do mes; e a entregar (ou enviar por correo) o xustificante de pago.

En caso de que non se realice o pago procederase á baixa do alumno/a e entrará outro no seu

lugar.

CAMBIO XESTIÓN EXTRAESCOLARES

Como xa vos informamos, durante o curso 2018-2019 a ANPA non vai xestionar as actividades extraescolares.

EXTRAESCOLARES 2018-19

FORMULARIO EXTRAESCOLARES 2017-2018

EXTRAESCOLARES 2016-2017

deixámosvos o cartel definitivo de actividades extraescolares para este curso. 

 podedes apuntarvos e ver toda a información neste FORMULARIO 

talleres extraescolares 2016-2017

no blogue da anpa compartimos imaxes dos talleres de cociña, fotografía, kárate, bailes de salón e patinaxe artística. lembrade que podedes apuntarvos a estas e outras actividades extraescolares no formulario que acompañará a matrícula do cole.

clica para ver as fotos

talleres extraescolares 2016-2017

no noso blogue compartimos imaxes dos talleres de cociña, fotografía, kárate, bailes de salón e patinaxe artística. lembrade que podedes apuntarvos a estas e outras actividades extraescolares no formulario que acompañará á matrícula do cole.

clica para ver as fotos

FESTIVAIS EXTRAESCOLARES

pois xa remataron as extraescolares por este ano!. parece que foi onte cando os de tres anos caían sentados cando tentaban poñerse de pé nos patíns......e xa son uns expertos patinadores como nos demostraron o mércores para ledicia de moitos.

en fin, temos fotos no blogue da anpa para quen as queira disfrutar.

saúdos a todos, moitas grazas ós monitores e ata setembro,  con novas actividades que están xa espertanto moito interese. esperámosvos.

imaxes dos festivais

FESTIVAL FIN DE CURSO EXTRAESCOLARES

 

saúdos pais e nais:

 

queremos convidarvos ó festival de fin de curso das actividades extraescolares.

este ano, tendo en conta as necesidades de cine e teatro e pensando tamén no mellor lucimento dos alumnos de inglés, imos dividir as actuacións dos nosos fillos en dúas xornadas:

unha xornada que terá lugar no ximnasio do cole e na que se farán exhibicións de actividades deportivas: rítmica, fútbol, hóchey e patinaxe coa tradicional merendola e algunha que outra sorpresa, presentación de novas actividades para o próximo curso incluída……

e outra xornada que se fará na casa da cultura e na que os nenos de teatro representarán a súa obra, farase a proxección da curtametraxe que prepararon os alumnos de cine, actuarán os nenos de inglés e se proxectará un traballo feito polos alumnos de informática que será unha sorpresa para todos.

 

os dous días temos previsto facer exposición de traballos realizados en costura e creatividade coas mans.

 

datas:

 

festival actividades deportivas, no cole o mércores 27 ás 5.

venres 29 xornada de portas abertas en piscina.

actuacións e proxeccións na casa da cultura o venres 29 ás 7.

VÍDEOS DOS NENOS DE CINE E TEATRO

se queredes ver os nosos artistas en acción elixide calquera dos seguintes TÍTULOS

ESCÚCHAME, NIÑO

PEQUEÑOS GRANDES GENIOS

¿QUÉ CAMBIARÍAS DE TU CUERPO?

A TI, CHAVAL

grazas alba!!!!!!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut