Skip to Content

E.D.L.G.

MENÚ DO DEPARTAMENTO

PROGRAMACIÓNS    MEMORIAS    MEMBROS DO EQUIPO  ACTIVIDADES

GALERÍA DE FOTOS    PROXECTO DE FOMENTO DA LINGUA GALEGA

 

   EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020

OS MAIOS 2020

CELEBRAMOS OS MAIOS NAS NOSAS XANELAS

Convidámosvos a celebrar a FESTA DOS MAIOS dun xeito orixinal e diferente.

Os días 2 e 3 adornaremos as nosas xanelas, faremos unha alfombra floral no corredor da casa ou un MAIO no xardín.

Botaremos man da nosa IMAXINACIÓN e CREATIVIDADE. Compartirémolo coas nosas fotos ou breves vídeos (10-15 sg) que enviaremos ás titoras/titores para realizar unha produción con todos eles.

(Data límite de entrega: 5 de maio)

CARTEL DOS MAIOS  LETRA DA CANCIÓN

OLIMPIATIOS (Venres Gastronómicos 19-20)

OLIMPIADAS 5 AROS 5 OCEÁNOS

CARTAZ

FOTOS

OLIMPIATIOS 5 AROS 5 CONTINENTES

CARTAZ

FOTOS

OLIMPIADAS GASTRONÓMICAS

CARTAZ

OLIMPIADAS ARTÍSTICAS

CARTAZ

FOTOS

OLIMPIADAS SAUDABLES

CARTAZ

FOTOS

CONTOS PARA O BO TRATO

ACHÉGASE O 25 DE NOVEMBRO de 2019, DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. O CPI ATIOS, en colaboración co Concello de Valdoviño, participou no programa municipal de igualdade e prevención das violencias machistas «SOMOS E CONTAMOS».

MAGOSTO E SAMAÍN 2019

FAI CLICK NA FOTO PARA ACCEDER A INFORMACIÓN

HOMENAXE CARVALHO CALERO LETRAS 2020

ACTIVIDADE LETRAS GALEGAS: ROMARIAS DO MAR E DO INTERIOR

 


 

 ROMARÍAS   DO   MAR

E   DO   INTERIOR


 

    No Día das Letras Galegas de 2019 homenaxeamos a D. Antón Fraguas Fraguas, docente, investigador, escritor e gran defensor das tradicións e costumes das aldeas e pequenas vilas da nosa xeografía galega.

 

    O EDLG, seguindo o seu exemplo, e coa colaboración do alumnado de 4º de Educación Primaria, puxo en marcha unha investigación sobre un dos temas que a el tanto lle gustaban: as festas e romarías. O noso centro investigou sobre as que se celebran ao pé do mar no concello de Valdoviño como a da  Virxe do Porto, a Festa do percebe ou a de San André de Teixido, romaría máis importante da volta, no concello limítrofe de Cedeira.

 

    Simultaneamente os nenos e nenas de 3º e 4º do CEIP Soutelo de Montes, do concello pontevedrés de Forcarei, levaron a cabo unha  investigación arredor das romarías do interior da súa  contorna.

 

    Deste xeito, os Equipos de Dinamización da Lingua Galega dos dous centros educativos decidimos compartir as investigacións a través dunha plataforma doada de empregar, Padlet, para que o alumnado puidese traballar de maneira autónoma. Coa información recadada elaboramos a publicación dixital  que leva por título Romarías do mar e do interior. Esperamos que este material didáctico dixital sexa de utilidade nas aulas.

    

   Queremos agradecer á mestra do CEIP Soutelo de Montes de Forcarei, e ao seu alumnado, o magnífico traballo realizado.

  

  Foi marabilloso poder compartir esta actividade e desexamos, cara ao vindeiro curso, que teñamos a oportunidade de afrontar novas experiencias.

A coordinadora do EDLG.


 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS E OS MAIOS

DÍA DO LIBRO 2019

Distribuir contido


by Dr. Radut