Skip to Content

Actividades do E.D.L.G.

DÍA DO LIBRO 2019

PREMIOS CARMELA LOUREIRO 2019

Magosto e Samaín 2018

Un ano mais celebramos as festas tradicionais galegas do outono, como son o Samaín e o Magosto. O alumnado de secundaria decorou a "aula monstrosa" pola que pasaron todos os grupos de infantil, primaria e secundaria, onde houbo medo, risas, sustos, berros, e moita diversión.

Na exposición de cabazas volvemos a apreciar a imaxinación e habilidade decorativa de nen@ e familias.

samain2018 magosto2018

"AULA MONSTRÓSA"
SAMAÍN 2018 (Clica aquí para ver o album de fotos)

EXPOSICIÓN CABAZAS
E CENTROS DO OUTONO2018

MAIOS E LETRAS GALEGAS 2018

Un ano máis esperamos con impaciencia as dúas grandes festas do ano: os Maios e as Letras Galegas. Na presente edición a festa da lingua e a cultura foi adicada á escritora Mª Victoria Moreno Márquez, de quen queremos ensalzar a súa figura de muller comprometida coa nosa cultura e a nosa lingua; muller escritora, artista e docente; muller referente onde as haxa.

Desde o E.D.L.G. do centro reivindicamos a igualdade para as mulleres no eido da cultura. Como pode ser que en 55 anos de celebración das Letras Galegas soamente a catro das nosas grandes escritoras se lle adicara tal data? E que non hai mulleres dabondo merecedoras de tal honra? Queremos facer visíbel a nosa indignación e, seguindo a traxectoria do noso proxecto anual Diferentes Na Igualdade, seguiremos a  traballar co noso alumnado para tratar de acadar unha sociedade máis xusta e igualitaria que saiba recoñecer ás persoas polo que  valen e son, independientemente da súa orixe, cultura, raza ou sexo.

En canto á Festa dos Maios, o E.D.L.G. quere agradecer a todas as persoas que colaboraron dalgún xeito na súa preparación: ao persoal non docente, nais e profesoras que compartiron a tarde anterior os preparativos, ás familias que mandaron flores (especialmente á familia Hermida Suárez, sen a que non sería posible montar a marabillosa alfombra deseñada por Alicia González, coa colaboración imprescindibel de Ana Ramos, Dolores e Reyes), aos responsables da cafetería, a Christine (a nosa auxiliar de conversa, que tanto traballou e desfrutou os dous días),a todos os docentes que achegaron ao alumnado para participar na montaxe dos maios e da alfombra floral e ao Equipo Directivo pola súa axuda e apoio incondicional.

Pero unha mención a parte de agradecemento merece o noso ALUMNADO INCONDICIONAL, ENTREGADO, ALEGRE, FANTÁSTICO, MARABILLOSO... Sen eles non sería posíbel a benvida á primavera.

FELIZ MAIO!!! dicían os nenos e nenas . E así dicimos desde o Equipo a todas e todos vós, cos desexos de que na primaveras das nosas vidas xermolen os agromos que nos permitan seguir desfrutando cada ano destas Festas tan marabillosas.

ENLACE AO ALBUM DE FOTOS COMPLETO

AS NOSAS REFERENTES. Proxecto DNI (Diferentes Na Igualdade)

A MÚSICA é unha forma de expresar os nosos sentimentos e emocións.

Moitas foron as MULLERES que ao longo da historia superon transmitir esas sensacións e sentimentos a través da súa voz e das súas cancións.

Para coñecer a traxectoria dalgunhas destas cantantes contamos coa marabillosa colaboración de Lucía, Mariel e Javier, quenes prepararon un concerto didáctico moi entretido e interesante.

A actividade, parte integrante do proxecto D.N.I., iniciouse coa actuación en directo dunha das nosas antigas alumnas, Emma Patiño, quen interpretou tres cancións acompañada polo alumnado de 3º, 4º 5º e 6º de E.Primaria.

Asemade contamos coa participación de Paula Dopico, Antía Graña e Noelia Vázquez, exalumnas do CPI Atios e exemplos a seguir pola súa implicación co mundo da ciencia, a economía ou o traballo social.

GRAZAS a TODOS os participantes pola vosa COLABORACIÓN INESTIMÁBEL !!!

ALBUM DE FOTOS

DÍA DO LIBRO 2018

Un ano máis celebramos no centro o DÍA DO LIBRO. (fai click)

Como é costume, adicám olo a unha escritora relacionada co Concello de Valdoviño.
Na presente edición foi a  poetisa VERÓNICA MARTÍNEZ DELGADO a homenaxeada. Licenciada en
Historia, docente e escritora,  é unha persoa moi comprometida na defensa das inxustizas sociais e da
nosa lingua e unha referente como exemplo de traballo e constancia. 

marcapáxinas

 Clica na imaxe para acceder ao album de fotos

 

MOCIDADE COA LINGUA 2018

O 5 de abril tivo lugar no Auditorio de Ferrol o festival de música en galego A MOCIDADE COA LINGUA.

            Música, cancións e moita ilusión foron os principais ingredientes que encheron o pazo onde o público vibrou e aclamou á rapazada que, desde o escenario, interpretou as cancións na nosa querida Lingua Galega.

            O noso centro foi representado por alumnado de Secundaria de  diferentes cursos: Martín, Ainhoa, Elena, Marina, Candela, Ainara, Aurora, Lorena, Sabela e Martina.

            Baixo a dirección da profesora de L. G. Luisa Pita interpretaron un rap do poema de Rosalía de Castro “Negra sombra” e estrearon unha composición propia “Diferentes pero iguais”, relacionada co proxecto interanual D.N.I.

            Desde o E.D.L.G. do centro felicitamos a todo o equipo que fixo posible esta actuación e queremos dar as GRAZAS polo seu entusiasmo, esforzo e ilusión.

            Asemade, o mesmo día 5 tivo lugar a xuntanza do xurado da E.N.L.G. de Ferrolterra para elixir aos gañadores e gañadoras da presente edición  2018 do concurso POESÍA E IMAXE, en galego sen filtro . As nosas alumnas, Celia Sanz (6º de EI), Alba Freire, Sonia Vilar (6º EP) e Nerea Couto (3º ESO), forman parte do elenco de premiadas. PARABÉNS para todas !

            O noso agradecemento a todo o profesorado participante nesta actividade, á súa implicación e compromiso na defensa da Lingua.

            E como mostra … o vídeos das actuacións !!!

Coordinadora do E.D.L.G. do CPI Atios

Video ENTROIDO 2018- Proxecto Diferentes Na Igualdade

Alumnado de 4º A no recitado de Poesía Carbalho Calero

  O pasado xoves 26 de outubro tivo lugar o recitado de poesía Carbalho Calero no Centro Cultural da cidade de Ferrol.


  O noso centro participou co alumnado de 4ºA de Educación Primaria, recitando o poema da canción de Paco Nogueiras MEU O MUNDO É!


  Dende o E.D.L.G. queremos felicitar ás nenas e nenos que tanto empeño puxeron en facelo tan ben e darlles as grazas pola súa colaboración, grazas que facemos extensibeis ás profesoras que ensaiaron con el@s, Gema e Inmaculada.


  Ésta e outras actividades en galego fan posible que se manteña presente a nosa lingua na vida da casa e da escola.

Mil primaveras máis para a nosa lingua !!!

COORDINADORA DO E.D.L.G. DO CPI ATIOS

Teatro con G, na Casa da Cultura , 2017

Distribuir contido


by Dr. Radut