Skip to Content

MOCIDADE COA LINGUA 2018

O 5 de abril tivo lugar no Auditorio de Ferrol o festival de música en galego A MOCIDADE COA LINGUA.

            Música, cancións e moita ilusión foron os principais ingredientes que encheron o pazo onde o público vibrou e aclamou á rapazada que, desde o escenario, interpretou as cancións na nosa querida Lingua Galega.

            O noso centro foi representado por alumnado de Secundaria de  diferentes cursos: Martín, Ainhoa, Elena, Marina, Candela, Ainara, Aurora, Lorena, Sabela e Martina.

            Baixo a dirección da profesora de L. G. Luisa Pita interpretaron un rap do poema de Rosalía de Castro “Negra sombra” e estrearon unha composición propia “Diferentes pero iguais”, relacionada co proxecto interanual D.N.I.

            Desde o E.D.L.G. do centro felicitamos a todo o equipo que fixo posible esta actuación e queremos dar as GRAZAS polo seu entusiasmo, esforzo e ilusión.

            Asemade, o mesmo día 5 tivo lugar a xuntanza do xurado da E.N.L.G. de Ferrolterra para elixir aos gañadores e gañadoras da presente edición  2018 do concurso POESÍA E IMAXE, en galego sen filtro . As nosas alumnas, Celia Sanz (6º de EI), Alba Freire, Sonia Vilar (6º EP) e Nerea Couto (3º ESO), forman parte do elenco de premiadas. PARABÉNS para todas !

            O noso agradecemento a todo o profesorado participante nesta actividade, á súa implicación e compromiso na defensa da Lingua.

            E como mostra … o vídeos das actuacións !!!

Coordinadora do E.D.L.G. do CPI Atios



page | by Dr. Radut