Skip to Content

Campaña "DESPOIS DE ROÍDO, MELLOR RECOLLIDO"

equipo

O equipo de Robótica "FrouxiMakers" leva a cabo unha campaña de recollida de chicles mascados, (SI, mascados), co eslogan "DESPOIS DE ROÍDOS , MELLOR RECOLLIDOS" dentro do proxecto científico que están a elaborar para o concurso de robótica FIRST LEGO LEAGUE.

Consiste en recoller chicles mascados, que posteriormente desinfectarán e someterán a diversos tratamentos e a continuación intentaremos fabricar obxetos sinxelos. (fichas para o 3 en liña ou xogo de damas, púas de guitarra, topes para as portas...)

mural

Para recoller estes chicles, dispuxeron contedores rosa por todo o centro, semellantes ao da imaxe.

contedor

Para fomentar a recollida dos chicles e darlle publicidade a esta campaña, cada neno ou nena que deposite un chicle no contedor rosa, faranlle un PHOTOCALL, unha foto no noso marco rosa.



page | by Dr. Radut