Skip to Content

O CPI de Atios na WRO (Olimpíada de Robótica)

O pasado sábado 20 de xuño, o Departamento de Tecnoloxía do CPI de Atios, presentou a dous equipos a WRO na categoría Ragular Junior High. O equipo "Mentes Conectadas" formado por Iria Domínguez, Elena Fernández e Helena Gesto, e o equipo "AtiosBot" formado por Raúl Caneiro e Anxo Sanjurjo. Todos eles formaban parte do "Obradoiro de Robótica" que se desenvolve no centro fora do horario lectivo.

WROO equipo AtiosBot, conseguiu o primeiro posto que lle da a oportunidade de participar na final nacional que se celebrará en Barcelona o 11 de outubro, así coma un cheque de 1500€ por xentileza do AMPA do Colexio Compañía de María de A Coruña onde se celebrou o concurso, para axudar aos gastos da viaxe. Tamen os agasallaron cun equipo de soldadura eléctrica para o Taller de Tecnoloxía.

Cabe destacar, que aínda que só un equipo gañou, son merecedores todos e todas do premio, polo traballo colaborativo e en equipo co que prepararon este desafío.

PARABÉNS A TODOS E  TODAS!!!

Debemos agradecer tamén a colaboración dos profesores e compañeiros do CIFP Rodolfo Ucha, Eva Robles e Fernándo Uceira, a súa axúda, primeiro prestándonos dous robots, para o "Obradoiro de Robótica" e despois axudando desinteresadamente e con moitísimo interés na preparación deste concurso.

A VOZ DE GALICIA- EDICIÓN FERROL

DIARIO DE FERROL

GALICIA ÁRTABRA DIXITAL

A VOZ DE GALICIA- EDICIÓN CORUÑA

Mañá martes as 11:30 entrevista en directo en Radio Voz



page | by Dr. Radut