Bases do concurso "Carmela Loureiro" 2023
- Departamentos e Ciclos:
Xa saíron as bases do Carmela Loureiro deste curso. Neste outro enlace, deixo as bases xerais para tódolos cursos.
Resúmoas para facilitarvos o labor:
- Microrrelatos: deben comezar coa frase "Ás veces é difícil dicir a verdade", non exceder das 150 palabras e presentarse cun título.
- Micropoemas: non deben exceder os 6 versos.
Debemos deixar escollidos os textos o 21 de abril, posto que a data límite de entrega é o 26 e este curso, coma o outro, hai que presentalos por Rexistro, e cunha declaración xurada incluída. Así que non podemos demorar.
Calquera dúbida, por mensaxe.
Graciñas e animade ao alumnado!!