Skip to Content

AXUDAS BOLSEIROS DO COMEDOR

COMEDOR ESCOLAR: AXUDAS AOS BOLSEIROS (gratuidade e abono de 1 euro)

Estimadas familias

A Consellería publicará o próximo luns día 30 unha Orde sobre axudas para os bolseiros. A orde considera bolseiros a os nenos que teñen gratuidade e os que pagan 1 euro.  O prazo para a súa tramitación remata o 6 de abril.

Orde 27 de marzo de 2020, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar.

As familias que o desexen poden tramitar a petición persoalmente en sede electrónica: https://sede.xunta.gal/chave365

Necesitaredes ter a man o DNI e o Nº DA CONTA BANCARIA

O equipo directivo contactará telefonicamente coas familias para facilitar o proceso. En horario de 10:00 a 14:00 horas.

Un saúdo



story | by Dr. Radut