Skip to Content

ACTIVIDADE LETRAS GALEGAS: ROMARIAS DO MAR E DO INTERIOR

 


 

 ROMARÍAS   DO   MAR

E   DO   INTERIOR


 

    No Día das Letras Galegas de 2019 homenaxeamos a D. Antón Fraguas Fraguas, docente, investigador, escritor e gran defensor das tradicións e costumes das aldeas e pequenas vilas da nosa xeografía galega.

 

    O EDLG, seguindo o seu exemplo, e coa colaboración do alumnado de 4º de Educación Primaria, puxo en marcha unha investigación sobre un dos temas que a el tanto lle gustaban: as festas e romarías. O noso centro investigou sobre as que se celebran ao pé do mar no concello de Valdoviño como a da  Virxe do Porto, a Festa do percebe ou a de San André de Teixido, romaría máis importante da volta, no concello limítrofe de Cedeira.

 

    Simultaneamente os nenos e nenas de 3º e 4º do CEIP Soutelo de Montes, do concello pontevedrés de Forcarei, levaron a cabo unha  investigación arredor das romarías do interior da súa  contorna.

 

    Deste xeito, os Equipos de Dinamización da Lingua Galega dos dous centros educativos decidimos compartir as investigacións a través dunha plataforma doada de empregar, Padlet, para que o alumnado puidese traballar de maneira autónoma. Coa información recadada elaboramos a publicación dixital  que leva por título Romarías do mar e do interior. Esperamos que este material didáctico dixital sexa de utilidade nas aulas.

    

   Queremos agradecer á mestra do CEIP Soutelo de Montes de Forcarei, e ao seu alumnado, o magnífico traballo realizado.

  

  Foi marabilloso poder compartir esta actividade e desexamos, cara ao vindeiro curso, que teñamos a oportunidade de afrontar novas experiencias.

A coordinadora do EDLG.


 



story | by Dr. Radut