Skip to Content

MAIOS E LETRAS GALEGAS 2018

Un ano máis esperamos con impaciencia as dúas grandes festas do ano: os Maios e as Letras Galegas. Na presente edición a festa da lingua e a cultura foi adicada á escritora Mª Victoria Moreno Márquez, de quen queremos ensalzar a súa figura de muller comprometida coa nosa cultura e a nosa lingua; muller escritora, artista e docente; muller referente onde as haxa.

Desde o E.D.L.G. do centro reivindicamos a igualdade para as mulleres no eido da cultura. Como pode ser que en 55 anos de celebración das Letras Galegas soamente a catro das nosas grandes escritoras se lle adicara tal data? E que non hai mulleres dabondo merecedoras de tal honra? Queremos facer visíbel a nosa indignación e, seguindo a traxectoria do noso proxecto anual Diferentes Na Igualdade, seguiremos a  traballar co noso alumnado para tratar de acadar unha sociedade máis xusta e igualitaria que saiba recoñecer ás persoas polo que  valen e son, independientemente da súa orixe, cultura, raza ou sexo.

En canto á Festa dos Maios, o E.D.L.G. quere agradecer a todas as persoas que colaboraron dalgún xeito na súa preparación: ao persoal non docente, nais e profesoras que compartiron a tarde anterior os preparativos, ás familias que mandaron flores (especialmente á familia Hermida Suárez, sen a que non sería posible montar a marabillosa alfombra deseñada por Alicia González, coa colaboración imprescindibel de Ana Ramos, Dolores e Reyes), aos responsables da cafetería, a Christine (a nosa auxiliar de conversa, que tanto traballou e desfrutou os dous días),a todos os docentes que achegaron ao alumnado para participar na montaxe dos maios e da alfombra floral e ao Equipo Directivo pola súa axuda e apoio incondicional.

Pero unha mención a parte de agradecemento merece o noso ALUMNADO INCONDICIONAL, ENTREGADO, ALEGRE, FANTÁSTICO, MARABILLOSO... Sen eles non sería posíbel a benvida á primavera.

FELIZ MAIO!!! dicían os nenos e nenas . E así dicimos desde o Equipo a todas e todos vós, cos desexos de que na primaveras das nosas vidas xermolen os agromos que nos permitan seguir desfrutando cada ano destas Festas tan marabillosas.

ENLACE AO ALBUM DE FOTOS COMPLETO



page | by Dr. Radut