Skip to Content

NOVAS

SHORT STORIES

  • OUTRA DOCUMENTACIÓN:

Semana da neve 2016-17

  • OUTRA DOCUMENTACIÓN:

semana da neve 2016-17

Galería de fotos da semana da neve, 2016-17 (clicade na imaxe para ver máis)

Camiño de Santiago Curso 2016-17

  • OUTRA DOCUMENTACIÓN:

Aquí tedes o album de fotos do Camiño de Santiago 2016-17 (premede na imaxe para ver máis)

Video feito polo alumnado para a materia de inglés de 4ºda ESO

  • OUTRA DOCUMENTACIÓN:

Video elaborado por alumnos de 4º da ESO do CPI de Atios (Alejandro Alonso, Christian Rodríguez e Anxo Sanjurjo) como traballo da materia de inglés .

En primeiro lugar tiveron que redactar unha historia onde se cometía un asasinato, e a continuación gravar o vídeo en inglés.



PAPAVENTOS NA FROUXEIRA (40 aniversario)

  • OUTRA DOCUMENTACIÓN:

XA PODEDES DESCARGAR O CARTAZ DO 4O ANIVERSARIO:

MODELO 1

MODELO 2

MODELO 3

2013/2014_GUSTAV KLIMT

  • OUTRA DOCUMENTACIÓN:

NO PRIMEIRO TRIMESTRE, DESPOIS DE COMEZAR OS PROXECTOS SOBRE OS ANIMAIS DAS NOSAS AULAS, COMEZAMOS A INVESTIGAR A VIDA E OBRA DE GUSTAV KLIMT.

FOI ASÍ COMO DESCUBRIMOS MOITAS COUSAS. POR EXEMPLO QUE FOI UN GRAN PINTOR, QUE AS SÚAS OBRAS ESTÁN CHEAS CORES DOURADAS, QUE LLE ENCANTABAN OS GATOS E TRABALLAR VESTIDO CON UNHA TÚNICA E SANDALIAS.

OBSERVAMOS CON ATENCIÓN ALGUNHAS DAS SÚAS OBRAS MÁIS IMPORTANTES, AS REPRESENTAMOS...

E FIXEMOS AS NOSAS PROPIAS ÁRBORES DA VIDA.

AS CANCIÓNS DAS NOSAS MASCOTAS

  • OUTRA DOCUMENTACIÓN:

COMO SABEDES CADA AULA ELEXIU UNHA MASCOTA QUE NOS REPRESENTA ESTE CURSO, E CADA MASCOTA TEN TAMÉN A SÚA CANCIÓN, A CAL TRABALLAN EN EDUCACIÓN MUSICAL.

CASE TODAS SON DA COLECCIÓN "A GALINHA PINTADINHA", QUE FAI UNHA ESCOLMA DE CANCIÓNS POPULARES E INFANTÍS DE PORTUGAL E BRASIL.

REPETIMOS ESTA ENTRADA PORQUE XA APRENDIMOS A INSERTAR OS VIDEOS PARA PODER VELOS SEN PASAR POR YOUTUBE. ADEMAIS PARECE QUE ASI NON ENTRA A PUBLICIDADE!  SAÚDOS.

O INVERNADOIRO

  • OUTRA DOCUMENTACIÓN:

ALÁ POLO MES DE OUTUBRO ACHEGÁMONOS AO INVERNADOIRO A VER QUE ERA O QUE HABÍA ALÍ DENTRO...

 

E NON O PENSAMOS DÚAS VECES, MANS Á OBRA!

OUTUBRO E NOVEMBRO FORON DOUS MESES ADICADOS A PREPARAR O INVERNADOIRO.

METEMOS PARTE DAS FOLLAS SECAS NOS COMPOSTOIROS DEIXANDO AS QUE XA ESTABAN EN PROCESO DE DESCOMPOSICIÓN.

SACAMOS AS PEDRAS E PLÁSTICOS QUE ATOPAMOS.

SACHAMOS A TERRA PARA AIREALA E MISTURALA COAS FOLLAS.

CO DURO TRABALLO DOS NENOS E NENAS DE INFANTIL E COS CONSELLOS E AXUDA DE JUAN O CONSERXE, NO MES DE DECEMBRO O INVERNADOIRO XA ESTABA EN CONDICIÓNS PARA PODER EMPEZAR COA NOSA HORTA.

COMEZAMOS A PLANTAR

  • OUTRA DOCUMENTACIÓN:

No mes de decembro xa estabamos listos para empezar a plantar, o único problema era a nosa falta de coñecementos e experiencia polo que este era o momento perfecto para pedir axuda ás familias e comezar a traballar xuntos.

Na reunións de principio de curso xa falamos sobre os plans para este curso e contábamos con moitas familias animadas a participar.

Neste caso chamamos a Paula, Uxía e Álex e grazas a eles o proxecto despegou.

O primeiro foi estruturar a horta, pensar en que espazos plantamos primeiro, ver cales tiñan máis luz, cales máis sombra e cales eran os cultivos máis apropiados para esa época do ano, o inverno.

 

O primeiro que plantamos foron os chícharos. Chamounos a atención que os chícharos que empregamos eran vermellos e non verdes. Uxía nos explicou que era porque tiñan un produto que axuda a conservar as sementes. Para que medraran fortes botámoslles caquiñas de coello.

Despois plantamos o brócolis e os repolos. Estes xa viñan algo medrados, aínda así era difícil diferencialos.

 

Na parte máis escura sementamos unhas leitugas. Nos contaron que era unhas leitugas de follas coloradas, e que nesta época do ano tampouco era seguro que nacesen, aínda así decidimos probar a ver que pasaba.

 

Nas partes onde non plantamos fixemos a cama quente, que é un espazo que abonamos con esterco de burro e que de vez en cando podíamos sachar para axudar a misturala.

Ao rematar o día a nosa horta xa tiña moito mellor aspecto, todo o traballo mereceu a pena.

A HORTA EN XANEIRO.

  • OUTRA DOCUMENTACIÓN:

Algo que nos preocupaba era o mantemento da horta durante as vacacións de Nadal, pois a escola estaría pechada. Por sorte, temos a Juan, un home con recursos, que nos instalou un rego automático que daría de beber as nosas plantiñas.

Á volta das vacacións constatamos que todo estaba no seu sitio, incluso descubrimos a algún visitante como esta lombriga de terra e algunha que outra babosa que xa andaba comendo nas plantas.

Tamén nos chamaron a atención unhas manchas brancas con peliños negros que había nas follas dos repolos que estaba en contacto coa terra, algún xa tiña visto algo parecido nalgún alimento en mal estado. Tiña toda a pinta de ser algún fungo que saía polo exceso de humidade da terra.

Discurrendo e preguntando atopamos varias solucións.

  • 1.    Para o exceso de humidade. Como o repolo ten un talo curto e está moi pegado á terra o regaremos levantando as follas e procurando mollar a terra e non a planta. Se iso non chega pódese protexer da terra con un cartón, tipo o dos cereais.
  • 2.    Para as babosas. Ao redor das plantas podemos poñer cinzas ou sal mariña. En principio preferimos cinzas porque o sal seguramente ademais de afastar os bichos os mataría.

A mediados de xaneiro a horta xa nos está dando alegrías. Cos constantes coidados nin a humidade nin os bichos comeron as plantas. Os chícharos xa brotaron e medran con forza.

Os brócolis e os repolos tamén están contentos cos nosos coidados.

Sacar as malas herbas, remover e airear a terra da cama quente e regar a colleita son agora parte das nosas tarefas escolares.

E por suposto, ao rematar o traballo hai que recoller!

Distribuir contido


by Dr. Radut