PRESENTACIÓNS E REUNIÓNS DE INICIO DE CURSO

Prezadas familias e alumnado, BENVIDOS ao novo e incerto curso escolar!

Ante a situación que estamos a vivir no Concello, por precaución e pensando na seguridade de todos, vémonos obrigados a suspender as reunións que tiñamos previstas.

     Desde esta páxina web iremosvos informando de posibles cambios nos días de comezo de curso escolar.

 

Estamos traballando co Protocolo de adaptación á situación COVID-19, novas normas de funcionamento, que esperemos podelo presentar a partir do 8 de setembro. O noso obxectivo principal é garantir o benestar de toda a Comunidade Educativa. Queremos transmitirvos CONFIANZA nas novas normas establecidas. Recibiredes toda a información cada día, e contestaremos ás vosas dúbidas a través dos medios que temos: teléfono, correo electrónico e espazo abalar.      Por favor tedes toda a información no enlace seguinte,  ide picando nos enlaces de cada páxina de cada Plan para ver todos os documentos informativos.

 

             

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  Agradecemos a comprensión de todos. Moito ánimo e moita saúde!

É preciso que as familias realicen a enquisa de autoavaliación do alumnado e o documento de cómo proceder facendo click nas seguintes imaxes cada día antes de vir ao cole:

 

AVISO IMPORTANTE: 

Debido ás modificacións por parte da Consellería o inicio do curso na ESO se retras unha semana polo tanto as novas datas das presentacións serán:

  • 1º ESO e 2º de ESO, o día 23 de setembro
  • 3º ESO o día 24 de setembro
  • 4º ESO o día 25 de setembro

A partir do 28 de setembro podemos considerar o  inicio do curso escolar para todo o alumnado do CPI As Mirandas.

 

 Unha aperta e saúdos virtuais,

O equipo directivo

 

 



AdxuntoTamaño
Instrucion_ADIC_2-2020_Comedor_Xestion_Directa.pdf491.73 KB