SAMAGOSTO 2021

Tagged:  
02.11.2021 00:00
05.11.2021 15:30
Europe/Madrid

     Do 2 ao 5 de novembro  estivemos de celebración no noso CPI, xa que festexamos dous eventos típicos do outono, o Samaín e o Magosto, que fusionamos no noso particular Samagosto.

     Foron moitas as actividades que se levaron a cabo: exposicións de cabazas, lectura e ambientación musical de relatos de terror, decoración dos distintos espazos do centro,  xogos populares e, por suposto, unha degustación de castañas que tivo luga o xoves día 4 de novembro a partir das 12:00.

     O Equipo de Actividades Extraescolares agradece a colaboración de todo o alumnado e profesorado implicado na organización do Samagosto.

     Velaquí tedes unha pequena mostra de imaxes:

RELATOS DE TERROR E DÍA DE NEIRA VILAS

Tagged:  

Chegou a semana do Samagosto e desde a biblioteca queremos compartir con vós uns fabulosos relatos de terror escritos, narrados e ambientados polo alumnado de 3º da ESO especialmente para a ocasión. 

Traballaron arreo para rematalos e facernos pasar un Samaín de medo, así que non perdades máis tempo e premede na imaxe para poder escoitalos e pasar un rato terrorífico!

Tamén aproveitamos para ensinarvos o mural adicado a Neira Vilas que podedes ver no edificio de Primaria. Pasade a velo!

ACTIVIDADES CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O día 3 de novembro o alumado de primaria irá pola mañá a Biblioteca do Concello de Boqueixón para que a propia autora do conto "Alén loita e acariña", Yolanda Neira, lle lo conte.

Irán en varias quendas:

-Primeira quenda: 1º e 2º de primaria.

-Segunda quenda: 3º e 4º de primaria.

-Terceira quenda: 5º e 6º de primaria.

O día 4 de novembro virá Yolanda a contarlles o conto ao alumnado de infantil.

En secundaria, farase a lectura do conto nas titorías.

Posteriormente traballarase a Unidade didáctica do conto, presentada o 27 de outubro en infantil, primaria e secundaria.

O 25 de novembro, ás 12:00 gritaremos todos o lema do conto. Depois, o alumando de secundaria terá unha videoconferencia con Yolanda sobre a violencia de xénero onde poderán facer preguntas.

INICIATIVA ARCO DENTRO DO PLAN RECUPERA

I.E.S. DE COTOBADE | Plan Recupera | Consellería de Cultura, Educación e Universidade

Un ano máis o noso centro participa no Programa Apoio, Reforzo de competencias e Orientación (ARCO) dirixido ao alumnado de secundaria.

Esta acción está inluida dentro do plan RECUPERA  da Consellería e está encamiñada a  reducir o impacto que a covid-19 tivo sobre o alumnado e as súas repercusións futuras, e proporcionar a atención educativa necesaria para a compensación de desigualdades xurdidas por esta situación.

A tal efecto foi nomeada unha profesora para dar apio dentro da aula.

OBRADOIROS PARA A PRIMEIRA QUINCENA DE NOVEMBRO

VIOLENCIA DIGITAL – OVIGEM

Durante a primeira quincena de novembro terán lugar no noso centro, nas horas de titoría, os seguintes obradoiros:

  • Obradoiro de prevención da violencia dixital e fomento do bo trato. 1º e 2º de ESO.
  • Obradoiro de prevención da violencia de xénero. 3º e 4º de ESO.

Organiza:  GALIZA- SEDRA -FPFE

DÍA DA BIBLIOTECA

Tagged:  

Onte día 24 conmemoramos o Día das bibliotecas. Para celebralo, no día de hoxe o alumnado de Infantil e de 3º da ESO visitamos a Biblioteca Municipal do Concello de Boqueixón para realizar con eles algunhas actividades de animación á lectura.

Ademais, desde a biblioteca queremos compartir con vós diversos recursos onde poderedes consultar fondos online de arquivos de institucións, históricos... que non son de doada consulta en formato físico.

Catálogos Biblioteca Nacional de España

Hispana. Aquí atoparedes coleccións dixitais de arquivos, bibliotecas e museos españois.

Biblioteca Dixital de Galicia

Europeana. Aquí atoparedes todo tipo de fondos organizados por temáticas.

Minerva. Repositorio da Universidade de Santiago de Compostela.

Biblioteca Virtual Galega

Biblioteca Virtual de Literatura Universal en Galego

Orella pendella. Páxina de difusión da literatura popular infantil de Galicia

Disfrutádeos e pasade un feliz día!

APERTURA DUN NOVO PRAZO PARA INSCRICIÓN NAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DA ANPA "O FORTE"

Tagged:  

A Xunta directiva da ANPA “O Forte”, do CPIP Antonio Orza Couto de Boqueixón, informa que quedaron prazas dispoñibles en varias actividades (ver tabla), polo que se abre un prazo extraordinario por se algunha familia quere apuntar aos seus fillos/as.

Tabla: Prazas dispoñibles por actividade e horario.

Actividades

Horario

Aforo máx.

Prazas dipoñibles

MANUALIDADES

Lúns 14:30

10

4

MULTIDEPORTE

Martes 14:30

14

10

ZUMBA

Martes 15:30

14

4

PANDEIRETA

Mércores 14:30

8

2

DANZA MODERNA

Mércores 15:30

14

7

PSICOMOTRICIDADE

Xoves 14:30

10

5

NOVAS TECNOLOXÍAS

Venres 15:30

10

4

(A información relativa ó contido da actividade e a quen vai dirixida figura na documentación que se

entregou aos rapaces no colexio o 5 de outubro).

Para os que desexen inscribirse nas actividades poderán descargar na páxina web do colexio:

http://www.edu.xunta.gal/centros/cpiantonioorzacouto/ (buscar na columna esquerda cara

abaixo ANPA "O Forte"):

  • Folla de inscripción (dúas partes)

  • Autorización domiciliación bancaria.

  • Declaración responsable COVID-19.

que deberán mandar debidamente cuberto e asinado ao correo electrónico:

anpadoforte@gmail.com

O prazo para anotarse é dende o 22 ata o 29 de outubro.

Se inscribirán aos nenos/as por orde de entrada dos correos electrónicos ata cubrir as prazas dispoñibles e mandarase dende a Anpa, un correo electrónico confirmando ou non a inscrición na actividade.

Lembrade que se queredes ser tamén socios/as da ANPA “ O Forte” tendes de prazo para pagar a cota ata o 31 deste mes.

O Forte, 22 de outubro de 2021

Atentamente,

A Xunta directiva

BENVIDA DA BIBLIOTECA NA SEMANA DAS ESCRITORAS

Tagged:  

Desde a biblioteca queremos darvos a benvida a un novo curso mostrándovos o marabilloso traballo realizado polo alumnado co gallo do Día das Escritoras. En Infantil e Primaria fixeron un mural con información sobre algunhas das súas escritoras favoritas e en Secundaria o alumnado colaborador da biblioteca elaborou un mural sobre a figura da escritora e feminista Emilia Pardo Bazán, con citas célebres e exemplos da súa obra. Podedes velos na seguinte ligazón ou pasarvos polos edificio de Primaria e Secundaria.

Tamén queremos recordarvos que en breve todo o alumnado que se incorpora en Secundaria e todas as familias que se incorporan ao centro recibirán o seu carné de biblioteca, que vos permitirá retirar material de calquera sección (libros, vídeos...) e levalo en préstamo.

O protocolo de uso da biblioteca será o mesmo ca no curso pasado, aínda que este ano poderase usar a sección de Primaria e todos os ordenadores de Secundaria se poderán usar á vez.

Podedes consultar o protocolo aquí. Agardámosvos na biblio!

COMUNICADO DA XUNTA DIRECTIVA DA ANPA “O FORTE” RELATIVA Á COTA DE SOCIO/A

A Xunta directiva da ANPA “O Forte”, do CPIP Antonio Orza Couto de Boqueixón, tivo coñecemento nesta semana, a través dun correo electrónico da Federación Galega de Anpas “Compostela”, da que somos socios, que non se pode obrigar ás familias, que queiran participar nas actividades de ampliación do horario educativo, a pagar a cota de socio.

Polo que, con este comunicado queremos corrixir o dito no escrito de benvida que se entregou ás familias, o pasado 5 de outubro deste ano e pedir desculpas por mandar unha información errada da que non tiñamos constancia nese momento.

Para as familias que non queiran pagar a cota de socio, pedimos por favor, que nolo indiquedes mediante correo electrónico a: anpadoforte@gmail.com, no caso de que xa a pagarades e queredes que se devolva ou para quen se lle ía cobrar coa primeira mensualidade.

Mandamos nun documento adxunto a información que nos fixeron chegar por si é de interese para algún de vos.

O Forte, 18 de outubro de 2021

Atentamente,

A Xunta directiva

Nota: Sabede que cantos máis socios/as teña a Anpa, máis forza teremos para loitar e axudar en calquera cuestión relacionada cós alumnos/as do centro educativo, como a xestión de suxestións, queixas, . Tamén é un medio para poder organizar charlas, talleres, … e outras actividades en beneficio dos nosos fillos/as.

ACTIVIDADES DE AMPLIACIÓN DO HORARIO EDUCATIVO

Tagged:  

Estimadas Familias:

Dende a directiva da ANPA "O Forte" queremos darvos a benvida a este novo curso escolar.

Despois de que o 4/10/2021, en reunión extraordinaria, o Consello escolar do centro aprobara o Programa de actividades e o Plan de Continxencia presentado pola nosa ANPA

COMUNICAMOS:

- No día de hoxe todo o alumnado leva á casa unha carta de benvida e o horario das actividades que ofertamos.

-O comezo das actividades será o 18 de outubro.

-O plazo para presentar a folla de inscrición, a domicilización bancaria e a declaración responsable é do 5 ao 11 de outubro.

-Presentarase única e exclusivamente por correo electrónico e terase en conta a orde de entrada.

correo electrónico:  anpadoforte@gmail.com

Premede nos adxuntos para acceder aos documentos

Atentamente

A directiva da ANPA "O Forte"

TÍTERES BRINCADEIRA

Hoxe fixemos a inaguración do curso cos mais pequenos do cole.  Logo de finalizar o período de adaptación os de 4º de infantil, e xa todos ao completo.

Recibimos aos Títeres Brincadeira da man de Carmen Domech, que fixo a delicia das nenas e nenos de 4º, 5º  e 6º de Infantil e 1º e 2º de Primaria.

COMEZO DO CURSO 2021/22

Pasou o verán (para moitos de nós durou só un suspiro) e chegou o comezo dun curso repleto

de novidades. Como seguro que xa vos comentaron os vosos fillos e fillas, para facer máis

levadeiros estos comezos, que para algúns son algo duros, o alumnado de 3º,4º, 5º e 6º de primaria

disfrutou da actuación de PACO NOGUEIRAS e damos fé de que o pasaron en grande.

O alumnado de secundaria da comezo hoxe a súa andaina neste novo curso académico.

Como xa vos comentamos nas reunións de titoría de onte, a última hora da mañán

van presenciar un espectáculo de maxia da man de "Magia en la Manga". 

Esperamos que o difruten!!

TITORÍAS EDUCACIÓN SECUNDARIA

Comunicamos datas e horario das reunións iniciais de curso de Educación secundaria:

 1º ESO:

Data: Martes 14 de setembro

Hora: 16:30h

Lugar: Aula de tecnoloxía do Edificio de Secundaria.

2º ESO:

Data: Martes 14 de setembro

Hora: 17:00h

Lugar: Aula de tecnoloxía do Edificio de Secundaria.

3º ESO:

Data: Martes 14 de setembro

Hora: 17:30h

Lugar: Aula de tecnoloxía do Edificio de Secundaria

4º ESO:

Data:  Martes 14 de setembro

Hora: 18:00h

Lugar: Aula de tecnoloxía do Edificio de Secundaria

Por motivos de protocolo COVID rogamos que só asista unha persoa por alumno

TODO O ALUMNADO RECIBIRÁ O PRIMEIRO DÍA DE CLASE UNHA AXENDA ESCOLAR

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013